Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDO do 15 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade do inicio de tres expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á parte substantiva dos acordos da comisión provincial do 15 de marzo de 2019.

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo da presente resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, situada na rúa Concello, 13, 32002 Ourense (988 38 66 51/52).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará a resolución que determine a procedencia do reintegro e a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en cualquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, darase así por concluído o expediente.

Ourense, 15 de marzo 2019

Mª Luz Fernández Quintas
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Convocatoria general

Interesado:

NIF: 45162353J.

Importe: 731,62 €.

Curso: 2014/15.

Causa 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.

Interesado:

NIF: 34631933M.

Importe: 2.257,77 €.

Curso: 2014/15.

Causa 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.

Interesado:

NIF: 48112850R.

Importe: 3.689,04 €.

Curso: 2014/15.

Causa 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.