Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal (expediente 186/2018).

Expediente: 186/2018.

Interesado: Secundino Caiña Pérez.

Acto de notificación: requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal, número de referencia catastral da parcela 32014B501000670000IL.

Visto o intento de notificación realizado a Secundino Caiña Pérez, e tendo en conta que foi infrutuosa esa notificación, é preciso facer a publicación do anuncio no DOG, así como no BOE.

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa, vexetal e retirada de especies árboreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e non tendo constancia de ningún domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días (10 días), contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na rúa Cristóbal Colón, s/n, Boborás, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Boborás, 14 de marzo de 2019

Rosa González Doporto
Alcaldesa en funcións

ANEXO

Expediente: 186/2018.

Interesado: Secundino Caiña Pérez.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal, número de referencia catastral da parcela 32014B501000670000IL.