De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Anexo
Expediente |
DNI/NIE |
Dependencias Comparecencia |
RBE-39413-11 |
32701982F |
A Coruña |
RBE-38208-11 |
79323222V |
A Coruña |
RBE-36331-11 |
32710073W |
A Coruña |
RBE-36086-11 |
32703689N |
A Coruña |
RBE-25079-09 |
52914196M |
A Coruña |
A Coruña: rolda de Nelle, 12Bis, 1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.