Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de marzo de 2019 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente IU2/114/2010).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de setembro de 2018, unha resolución pola que se lle impón unha sexta multa coercitiva (IU2/114/2010-F1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/114/2010 a Manuel Duarte Álvarez como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 1 de setembro de 2011 que ordenaba a demolición das obras de vivenda unifamiliar de planta semisoto, planta baixa e planta primeira, promovidas polo interesado, na parcela con referencia catastral 54003A018002560000HR, no lugar de Louzán, parroquia de Baíña, no termo municipal de Baiona, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) dias hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

Caso non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e que lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística