Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18154

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2016, 2017 e 2018.

No Boletín Oficial da provincia nº 55, do 20 de marzo de 2019, publícanse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2016, 2017 e 2018:

– Unha praza de técnica ou técnico en ciencias da información, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior e integrada no grupo A1, por quenda libre.

– Unha praza de oficiala ou oficial electricista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2 por quenda libre.

– Un posto de traballo de persoal laboral fixo de técnica ou técnico en deseño e imaxe, clasificado no grupo A2, por quenda libre.

– Un posto de traballo de persoal laboral fixo de técnica ou técnico informático contidos web, clasificado no grupo C1, por quenda libre.

– Dous postos de traballo de persoal laboral fixo de auxiliar de información e xestión Tributaria do ORAL, clasificados no grupo C2, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 20 de marzo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior