Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18155

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO de convocatoria de trinta bolsas para estudar o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre xunto coa Fundación Amancio Ortega Gaona convocan trinta (30) bolsas (dez (10) delas inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña durante o curso académico 2019/20. O prazo de envío e a presentación de solicitudes para os alumnos iberoamericanos será ata o 30 de abril de 2019, mentres que para os estudantes españois será ata o 10 de xullo de 2019. Abrirase un segundo prazo ata o 31 de agosto de 2019 no caso de que queden prazas vacantes.

Todos os alumnos aceptados terán unha bolsa que cubrirá o 100 % dos gastos da súa primeira matrícula no máster, que a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre aboará á Universidade da Coruña.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web:

www.mpxa.net

A Coruña, 3 de abril de 2019

José Francisco Sánchez Sánchez
Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre