Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18156

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión dunha vacante de académico/a de número da sección de música.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académico/a de número na sección de música. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa que dese a coñecer o seu mérito con obras orixinais da arte que profese, ou con estudos sobre as distintas especialidades.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo currículo, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 28 de febreiro de 2019

Manuel Quintana Martelo
Presidente