Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18271

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 4294/2018 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4294/2018.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 490/2018 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: María Isabel Bueno Peiteado.

Avogado: Fernando José Méndez Sanjurjo.

Recorrida: María Lourdes Hernaiz Fernández.

Avogado: Lorenzo José Rubio Sánchez del Valle.

Recorridos: Restaurante Casa Basca, S.L., r/ Capitán Troncoso, 10, A Coruña.

Recorrido: herdanza xacente de Carlos Llamosas Fernández, r/ Capitán Troncoso, 10, A Coruña.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza, Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4294/2018 desta sección, seguido por instancia de María Isabel Bueno Peiteado contra María Lourdes Hernaiz Fernández, herdanza xacente de Carlos Llamosas Fernández, Restaurante Casa Basca, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos:

Que con estimación do recurso que foi interposto por María Isabel Bueno Peiteado revogamos en parte a sentenza que con data 6 de setembro de 2018 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, e acollendo a demanda fixamos a indemnización pola extinción en cinco mil novecentos sesenta e catro euros e oito céntimos (5.964,08 €), manténdose o resto de pronunciamientos.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Restaurante Casa Basca, S.L. e herdanza xacente de Carlos Llamosas Fernández, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza