BDNS (identif.): 448846
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, que fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Segundo. Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde ECD/482/2018, do 4 de maio (BOE do 11 de maio), pola que se regulan os premios nacionais de bacharelato establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Cuarto. Importe
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional