Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2019 pola que se aproba o documento de delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas da Ameixida (Ribeira).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou e tramitou o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas da Ameixida, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Ribeira, na provincia da Coruña, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.

Este documento foi redactado de acordo coa súa formulación prevista no artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 20 de outubro), e axústase ao disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 236, do 14 de decembro), tal como establece a disposición transitoria quinta da antedita lei autonómica.

Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia celebrada o día 31 de xaneiro de 2019, este acordou dar a súa conformidade á proposta de DEUP dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas da Ameixida, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.

Unha vez visto o informe sobre o trámite da proposta de DEUP elaborado pola xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 28.1.2018, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como o acordo do Consello Reitor de Portos de Galicia do 31.1.2019 dando a conformidade á proposta da DEUP dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas da Ameixida e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Mar conferida por Orde do 30 de marzo de 2012,

RESOLVE:

Aprobar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas da Ameixida (Ribeira, A Coruña), na súa última versión asinada en decembro de 2017 pola enxeñeira civil Belinda Yepes Jiménez, como autora, e polos enxeñeiros de camiños, canais e portos da entidade pública empresarial Andrés D. Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria, e por Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia