Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de marzo de 2019 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-27-18-19.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI denunciado

Feito denunciado

Data; hora; porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Importe

da sanción

Sanc. 13-27-18-19

1173-CFX

Gardapeiraos

36001891Z

Estacionamento prohibido

23.3.2018; 11.50 horas; Panxón, Nigrán (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €