Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (925/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimentos/cesamentos en xeral 925/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Martínez Nieto contra Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., Fogasa e administrador concursal de Shivshi, S.L. sobre despedimento, se ditou Resolución de data 22 de marzo de 2019 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L. e Shivhi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza