Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (274/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 274/2018, por instancia de Cristina Pombo Taibo contra R. Pose Distribuciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 4 de decembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva:

SSª acorda:

É procedente a aclaración solicitada e, en consecuencia, a resolución da sentenza quedará do teor literal seguinte:

«Resolución:

Estímase a demanda interposta por Cristina Pombo Taibo contra R. Pose Distribuciones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada R. Pose Distribuciones, S.L. á traballadora.

– Condénase a empresa R. Pose Distribuciones, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 8.813,72 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 41,77 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa R. Pose Distribuciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza