Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18745

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN854A).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón, no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

O 14 de xullo de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de xuño, do director da Axencia Galega de Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e procédese á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN854A).

O artigo 48 desa resolución establece que, no prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas.

Mediante resolucións da directora da Axencia Galega de Innovación do 6 de xullo de 2017, modificadas polas do 11 de agosto de 2017 e do 1 de febreiro de 2019, concedéronse as axudas aos proxectos con acrónimo CORP4FUTURE e F4.0 de Automoción.

Así mesmo, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispón no seu artigo 17.1.b) que se deben facer públicas as concesións de axudas ou subvencións.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 29 de xuño, do director da Axencia Galega de Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN854A) (DOG núm. 133, do 14 de xullo).

b) Programa: 561A.

c) Crédito orzamentario: 09.A3.561A.770.0 e 09.A3.561A.781.0.

d) Finalidade: proxectos empresariais de investigación industrial e desenvolvemento experimental, de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, orientados á consecución dun novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento a través dun uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da Industria 4.0.

e) Beneficiarios:

Entidade beneficiaria

NIF

Proxecto

Anualidades

2016-2017

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Anualidade 2020

Televés, S.A.

A15010176

CORP4FUTURE

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

4.687.228,11 €

4.199.720,32 €

4.333.683,81 €

3.302.306,91 €

Subvención

Subvención

Subvención

Subvención

1.171.807,02 €

1.049.930,08 €

1.083.420,95 €

825.576,72 €

Tredess

2010, S.L.

B15874183

CORP4FUTURE

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

1.276.639,06 €

1.009.620,63 €

1.009.520,57 €

847.911,11 €

Subvención

Subvención

Subvención

Subvención

319.159,76 €

252.405,16 €

252.380,14 €

211.977,78 €

Sistemas Integrados de Servicios de Telecontrol, S.L.

B15782550

CORP4FUTURE

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

291.745,32 €

562.574,72 €

815.973,61 €

734.419,31 €

Subvención

Subvención

Subvención

Subvención

72.936,33 €

140.643,68 €

203.993,40 €

183.604,84 €

Entidade beneficiaria

NIF

Proxecto

Anualidades

2016-2017-2018-2019

Anualidade 2020

Anualidade 2021

Peugeot Citröen Automóviles España, S.A.

A36602837

F4.0 de Automoción

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

104.532.247,00 €

16.717.885,65 €

3.582.404,07 €

Subvención

Subvención

Subvención

5.811.853,30 €

7.566.700,81 €

1.621.435,89 €

Fundación CTAG

G36871424

F4.0 de Automoción

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

Orzamento subvencionable

12.229.848,71 €

6.662.908,21 €

1.427.766,05 €

Subvención

Subvención

Subvención

5.117.665,67 €

6.662.908,21 €

1.427.766,00 €