Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2019 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento número 12 do porto de Caión.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Antonio Sánchez Casas con DNI ****2093, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 12 do porto de Caión, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por atoparse extinguida a autorización e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O local deberá de ser abandonado nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

De ser preciso o desafiuzamento será executado co auxilio das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia