Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 18912

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 4 de abril de 2019 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 7 de decembro de 2018 pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P).

A Orde do 7 de decembro de 2018, publicado no DOG núm. 246, do 27 de decembro, pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e á segunda convocatoria dos incentivos á contratación vinculados, códigos de procedemento TR301P e TR349X, establece no parágrafo terceiro do artigo 2.2, referido ao orzamento do programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P), que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Consecuencia da existencia de créditos incorporados que poden ser utilizados para os mesmos fins cómpre incrementar, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles, o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro do disposto na Orde do 7 de decembro de 2018.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe total do crédito destinado ás axudas para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P) a que se refire o artigo 2.1 da Orde do 7 de decembro de 2018, pola que se procede á terceira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias e mediante créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Exercicio

Importe

09.41.323A.471.0 (Proxecto 2013 00545)

2019

2.508.331,40 €

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria