De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo ou aos seus representantes para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ás dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.
Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida cando venza o prazo indicado para comparecer.
Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 22 de marzo de 2019
O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña