Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 18 de marzo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Lagorzos-Segade a favor dos veciños de Lagorzos e Segade, no concello do Irixo (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 7 de novembro de 2018, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Lagorzos-Segade a favor dos veciños de Lagorzos e Segade, no concello do Irixo (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 18 de xullo de 2017, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural escrito de Juan Teixeira Lois dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Lagorzos-Segade

Segundo. Con data dO 5 de setembro de 2017, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: Lagorzos-Segade.

Superficie: 22,06 ha.

Pertenza: veciños de Lagorzos e Segade.

Parroquia: San Cosmede de Cusanca.

Concello: O Irixo.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

– Predio nº 1:

Concello

Polígono

Parcela

Sup. catastral

Sup. medición

O Irixo

10

380

26.369 m2

29.307 m2

O perímetro dos terreos definidos pola poligonal formada polas coordenadas UTM e na planimetría achegadas coa solicitude non coinciden coa cartografía catastral xa que inclúe, ademais desta parcela catastral, parte das parcelas catastrais 386, 385, 384, 383, 382, 381, 342 e 343 do polígono 10. Segundo a inspección en campo realizada, o perímetro discorre seguindo un muro de pedra existente.

– Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste).

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

O Irixo

10

403

José González Costa

394

Adosinda Reboredo Varela

393

Constantino Blanco Silvares

387

José González Costa

386

Constantino Blanco Silvares

385

José Suárez Hermida

384

Constantino Blanco Silvares

383

Anuncia Mato Fariñas

382

Manuel González

381

Antonio Nogueira Sobrado

342

Florinda Pérez Nogueira

343

Juan Dacosta Pérez

Leste.

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

O Irixo

10

9012

Camiño

Sur.

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

O Irixo

9

9003

Estrada

Oeste.

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

O Irixo

9

9003

Estrada

b) Perímetro interior (encravados): non existen.

– Predio nº 2:

Concello

Polígono

Parcela

Sup. catastral

Sup. medición

O Irixo

10

351

2.637 m2

-

367

151.333 m2

-

368

27.396 m2

-

9001 (só unha parte)

438 m² (total parcela)

-

11

2851

1.408 m2

-

Total

183.212 m2

186.356 m2

O perímetro dos terreos definidos pola poligonal formada polas coordenadas UTM e na planimetría achegadas coa solicitude non coincide coa cartografía catastral xa que inclúe, ademais destas parcelas catastrais, parte das parcelas catastrais 345, 346, 347, 348, 349 350 e 352 do polígono 10.

– Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste).

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

O Irixo

10

345

Juan Dacosta Pérez

346

José María Crespo Crespo

347

Camilo Fernández González

348

Juan Lois

349

José Antonio González Blanco

350

María González Fariñas

352

Aurelio Fernández e irmán

354

Aurelio Fernández e irmán

355

Elisa Vidal Otero

356

Manuel Lois

358

José Antonio González Blanco

360

-

361

-

362

-

363

-

365

-

366

José Manuel Bernárdez Saburido

294

-

293

-

292

José Manuel Bernárdez Saburido

227

-

228

-

290

Aurelio Crespo Crespo

289

-

285

-

284

-

282

-

281

-

280

-

279

-

278

-

277

-

276

Jesús López Civeira

274

-

273

-

272

Manuel Hermida Penedo

271

-

270

-

269

-

268

-

267

-

266

-

264

-

238

-

239

-

263

-

262

-

261

-

– Na documentación da solicitude só figuran as parcelas nas cales se indica o titular.

Leste:

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Piñor

71

89

José Suárez Hermida

96

José González Costa

104

Juan Ismael Ledo Varela

112

Elisa Vidal Otero

113

Antonio López Ferreiro

128

Manuel González

135

José Cibeira Cibeira

140

Esperanza López Beltrán

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

A información que figura na documentación da solicitude é incorrecta. Segundo a cartografía catastral, as parcelas catastrais estremeiras son as seguintes:

Concello

Polígono

Parcelas

O Irixo

11

9004 (estrada)-135-134-133-132-131-2827

10

9001 (camiño)-597-596-595-594-593-592-591-590-589-588-

587-586-585-584-583-582-581-580-579-578-577-576-575-574-

573-572- 571-570-569-568-566-565-564-563-552

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

A información que figura na documentación da solicitude é incorrecta. Segundo a cartografía catastral, as parcelas catastrais estremeiras son as seguintes:

Concello

Polígono

Parcelas

O Irixo

10

9003 (camiño)-9009 (camiño)-369-370-371-372-373-374-375-

376-377-378-9012 (camiño)

b) Perímetro interior (encravados): non existen.

– Predio nº 3:

Concello

Polígono

Parcela

Sup. catastral

Sup. medición

O Irixo

11

2852

4.932 m2

4.965 m2

– Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte.

A información que figura na documentación da solicitude é incorrecta. Segundo a cartografía catastral, as parcelas catastrais estremeiras son as seguintes:

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

O Irixo

11

9004

Estrada

Leste.

A información que figura na documentación da solicitude é incorrecta. Segundo a cartografía catastral, as parcelas catastrais estremeiras son as seguintes:

Concello

Polígono

Parcelas

Piñor

73

1-2-3-4-5-6-7-8

Sur.

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

O Irixo

11

9012

Camiño

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

Concello

Polígono

Parcelas

O Irixo

11

163-161-160-159-155-154-153-152-148-147-143-142

b) Perímetro interior (encravados): non existen.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Lagorzos-Segade a favor dos veciños de Lagorzos e Segade, no concello do Irixo (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 18 de marzo de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense