BDNS (Identif.): 450055.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Entidades beneficiarias
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes:
Tipo de actuación |
Beneficiarios |
Actuacións 1 e 2 |
Profesionais e autónomos Persoas físicas Comunidades de propietarios Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional |
Actuacións 3 e 4 |
Profesionais e autónomos Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional |
2 Non serán beneficiarias destas axudas:
a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Segundo. Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) (IN421Q, IN421R).
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.
Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.
3. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES). Anualidade 2019 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).
Cuarto. Contía
1. As subvencións previstas nesta convocatoria financiaranse con cargo á partida orzamentaria 09.A2.733A.782.1 recollida nos orzamentos do Inega, coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.616.913,80 euros.
Importe 2019 (€) |
Importe 2020 (€) |
Importe 2021 (€) |
Total (€) |
1.050.000,00 |
1.280.000,00 |
286.913,80 |
2.616.913,80 |
O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A2.733A.782.1, 09.A2.733A.714.1, 09.A2.733A.762.1, 09.A2.733A.700.1 e 09.A2.733A.772.1.
2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de proxecto será o seguinte:
Tipo de actuación |
Orzamento total |
|
Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas |
Actuación 1.1: vehículos eléctricos |
1.178.456,90 |
Actuación 1.2: vehículos GLP ou gas natural |
130.000,00 |
|
Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos |
Actuación 2.1: sistemas de recarga rápida e ultrarrápida |
524.256,90 |
Actuación 2.2: outros sistemas de recarga |
523.200,00 |
|
Actuación 3: implantación de sistemas de préstamo de bicicletas eléctricas |
131.000,00 |
|
Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas |
130.000,00 |
|
Total |
2.616.913,80 |
3. A contía das axudas para cada unha das actuacións vén establecida no anexo III do Real decreto 72/2019, do 15 de febreiro, polo que se regula o Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES), publicado no BOE núm. 41, do 16 de febreiro de 2019. Para o non establecido no citado anexo III, salvo desenvolvemento expreso do organismo responsable da coordinación, aplicaranse os seguintes criterios:
– Para a Actuación 1, no caso de beneficiarios non recollidos expresamente no punto 1 nin no punto 2 do anexo III do Real decreto 72/2019, aplicaranse as axudas establecidas no punto 1 do citado anexo.
– Para a Actuación 2, no caso de beneficiarios non recollidos expresamente no anexo III do Real decreto 72/2019, aplicarase unha intensidade de axuda do 40 % do custo subvencionable.
– Para a Actuación 4, no caso de beneficiarios non recollidos expresamente no anexo III do Real decreto 72/2019, aplicarase unha intensidade de axuda do 50 % do custo subvencionable.
Quinto. Forma de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaraas directamente o beneficiario ou a persoa que o represente, salvo cando se trate de axudas para:
– Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas. Neste caso a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.
– Actuación 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Todas as solicitudes, independentemente do tipo de beneficiario de que se trate, se farán a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión, que actuarán como entidades colaboradoras.
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará no prazo dun mes contado a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do Programa MOVES.
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará no prazo de dous meses contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria, comezará ás 9.00 horas e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2019.
3. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas ou, se é o caso, polas entidades colaboradoras.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia