Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO para requerimiento de traballos de xestión de biomasa en varias parcelas.

Intentada a notificación sen que fose posible realizala, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase unha listaxe de persoas propietarias de parcelas situadas en Vedra (A Coruña) e que actualmente teñen aberto un expediente por incumprimento da normativa en prevención de incendios.

– Parcela con referencia catastral 15090A001003340000SX, situada en Paradela (San Xián de Sales), propiedade de herdeiros de José Constenla Picón.

– Parcela con referencia catastral 15090D502001230000HE, situada en Trasariz de Arriba (Vedra), propiedade de herdeiros de Juan Guillermo Iglesias Segade.

– Parcela con referencia catastral 001101400NH44A0001WE, situada na Torre (San Xián de Sales), propiedade de herdeiros de José Gerpe Oreiro.

– Parcela con referencia catastral 15090A003008940000SD, situada na Torre (San Xián de Sales), propiedade de herdeiros de José Gerpe Oreiro.

– Parcela con referencia catastral 15090A503000370000AZ, situada en Pousada de Arriba (Vedra), propiedade de Alfonso Furelos García.

– Parcela con referencia catastral 15090A506005450000AH, situada en San Pedro de Sarandón, propiedade de herdeiros de José Camilo Fernández Barros.

Visto o incumprimento das obrigas recollidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e as súas posteriores modificacións, requírense as citadas persoas propietarias para que no prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, executen os traballos de xestión da biomasa existente nas parcelas sinaladas e retiren as especies arbóreas recollidas na D.A.III da Lei de prevención de incendios (piñeiro, eucalipto) que se encontren a menos de 50 metros das edificacións máis cercanas ou, se é o caso, do solo de núcleo rural.

Así mesmo, advírteselles que, no caso de non cumpriren co ordenado, o Concello de Vedra poderá levar a cabo a execución forzosa mediante multas coercitivas, sen prexuízo da remisión do expediente á Administración competente para a iniciación do correspondente procedemento sancionador. Así mesmo, a Administración municipal poderá realizar a execución subsidiaria sen máis trámites, e as persoas propietarias estarán obrigadas a facilitar o acceso para a realización dos traballos e ao pagamento da liquidación polos custos ocasionados.

No caso de realizar os traballos no prazo estipulado, as persoas titulares da parcela deberán contactar con esta Administración para informar da súa finalización.

Vedra, 26 de marzo de 2019

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde