Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19222

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de abril de 2019 pola que se exclúen seis persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio).

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 17 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro) aprobáronse e fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

A base II.1.2.9 da devandita convocatoria dispón: «En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha/algún aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que o/a aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convocante publicará a orde que corresponda».

En virtude das actuacións realizadas en aplicación da base II.1.2.9, constátase que seis persoas aspirantes, incluídas como admitidas con carácter definitivo na referida Resolución do 17 de xaneiro de 2017, non cumprían o requisito de titulación exixido na Orde do 12 de abril de 2016 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, e vista a proposta de exclusión realizada pola Dirección Xeral da Función Pública, do 10 de abril de 2019, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír as persoas aspirantes Ana María Aymerich Rico, con DNI ***9033**; Alejandro Antón Baqueiro Alfonso, con DNI ***3848**; Marcos Blanco Gómez, con DNI ***8172**; José Collazo Martínez, con DNI ***9198**; Ramón Madriñán Siso, con DNI ***8328**, e Jacobo Pardo Montenegro, con DNI ***2418**, do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio) pola causa 55, «Non cumprir ou acreditar requisito de titulación».

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda