Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19311

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobacion definitiva do texto refundido do Plan parcial do ámbito SUR PPI-1, previsto no Plan xeral de ordenacion municipal.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar na data do 4 de marzo de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o texto refundido do Plan parcial do ámbito do SUR PPI-1 redactado pola entidade Visier Arquitectos, S.L.U.

Segundo. Aprobar os condicionantes ambientais da declaración ambiental estratéxica que finalizou o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, así como as recomendacións e condicionantes establecidos polos informes sectoriais e os recabados durante os procesos de participación pública e consultas. Deberá requirirse a empresa redactora do Plan, Visier Arquitectos, S.L.U., a inclusión da seguinte documentación:

a) Incluír un mapa de riscos naturais obrigatorio segundo o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

b) Incluír un plano de zonificación acústica e os obxectivos de calidade acústica correspondentes ao ámbito reflectirán os índices de ruído Ld, Le e Ln en lugar dos límites de inmisión.

c) Incluír na normativa que para calquera movemento de terras que se pretenda levar a cabo, estableceranse medidas de control ambiental dirixidas a evitar a dispersión da contaminación por lindano, consonte o protocolo que se adoptará pola Consellería e o Concello do Porriño.

d) Incluír medidas preventivas para a conservación do solo na execución de desmontes e recheos asociados á fase de obras, especialmente no sur do ámbito onde se dan as maiores pendentes. Garantirase que non se produce afección directa ou escoamentos ás canles fluviais nin a ZEC.

e) Incluír na normativa do Plan as medidas para a integración paisaxística da actuación e para o mantemento da conectividade ecolóxica coa ZEC Gándaras de Budiño.

f) Indicar na normativa que o proxecto de urbanización que desenvolva o ámbito deberá incluír un proxecto técnico de prevención e defensa contra os incendios forestais.

g) O parágrafo de normativa do Plan fai referencia na parte final do número 4.2.8. a medias ambientais derivadas do ISA que non concreta. Deberá concretarse no citado número as medidas normativas que a memoria ambiental exixe trasladar á normativa.

Terceiro. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á Consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Quinto. Dar traslado dun exemplar do plan parcial aprobado á Dirección Xeral de Calidade Ambiental.

Sexto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do Plan parcial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles tivese notificado a aprobación inicial deste, de conformidade co artigo 186.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O contido íntegro do devandito plan queda á disposición do público na web do Concello www.oporrino.org e na sede electrónica https://oporrino.sedelectronica.gal.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan parcial, que pon fin á vía administrativa, por ser unha disposición de carácter xeral, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo. Todo iso sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O Porriño, 11 de marzo de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa