Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19470

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante o ano 2019.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:

1. Resolución do 1 de abril de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a prestación dun servizo para o estudo das necesidades de formación e actualización dentro da área profesional de pesca e navegación.

– Actividade: traballos de apoio técnico para o estudo das necesidades de formación e actualización dentro da área profesional de pesca e navegación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de abril de 2019 ata o 30 de xullo de 2019.

– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 15.03.422K.640.1, con código de proxecto 2018 00080.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar