Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de abril de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/275/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 1 de marzo de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na instalación dun remolque para uso residencial, construción de fosa séptica e acumulación de materiais diversos no lugar de Baixada da Ermida, Coruxo, San Miguel de Oia, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Patricia Vázquez Armellini, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística