Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira para ocupar unha praza de policía da Policía Local.

O concelleiro de Goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019, nomeou funcionario de carreira deste concello a:

Alejandro Acuña Solla, con DNI 7693*****, para ocupar unha praza de policía da Policía Local da escala básica de Administración especial, encadrada na subescala servizos especiais, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de oposición quenda libre.

O dito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a dita resolución de nomeamento, que poñe fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 25 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de Goberno responsable da Área de Persoal,
Réxime Interior e Patrimonio