Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público de 2018.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 1 de abril do 2019, aprobou por delegación da Alcaldía (Decreto do 18.6.2015), a modificación da oferta de emprego público de 2018 para incluír 2 prazas de axente de policía local escala básica grupo C1 derivada da xubilación anticipada de dous axentes, de acordo coa normativa para o efecto.

Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, se procede á publicación da modificación da oferta de emprego público do exercicio de 2018, constituída pola inclusión das seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: policía local e auxiliares.

Corpo

Escala

Categoría

Vacantes

Grupo

Policía local

Básica

Policía

2

C1

En aplicación da taxa de reposición do 115 % prevista na disposición adicional centésimo sexaxésimo quinta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado.

Monforte de Lemos, 12 de abril de 2019

José Tomé Roca
Alcalde