Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior que desenvolve o solo urbano non consolidado do polígono número 11 do Plan xeral de ordenación municipal, en Sisalde.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Moaña, en sesión do 25 de marzo de 2019, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior que desenvolve o solo urbano non consolidado (SUNC) do polígono número 11 do Plan xeral de ordenación municipal, en Sisalde.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro (Regulamento da Lei do solo de Galicia), sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contados desde a publicación no DOG. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica (Portal de transparencia) do Concello de Moaña http://concellodemoana.sedelectronica.gal.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo no concello ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Segundo o previsto nos artigos 47 da Lei do solo de Galicia (LSG) e 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG), suspéndese o outorgamento de licenzas no ámbito do polígono 11 do PXOM (Sisalde) durante o prazo de dous anos contados desde a aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Moaña, 27 de marzo de 2019

Leticia Santos Paz
Alcaldesa