Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (reservada para a mobilidade horizontal) en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 10 de abril de 2019 foron publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (reservada para a mobilidade horizontal) en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.

O procedemento de selección no sistema de mobilidade será o de concurso de méritos.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Guitiriz, 10 de abril de 2019

Regina Polín Rodríguez
Alcaldesa