Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19478

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2019 pola que se publican os requirimentos de emenda das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 10 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro 2019) publicáronse as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2019, por trámite anticipado de gasto.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.3 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de dez (10) días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.

Terceiro. Establécese un prazo de dez (10) días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que o solicitante desiste da súa petición e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG208.2019.1.2

Asociación Clúster del Naval Gallego

G15710338

IG208.2019.1.3

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG208.2019.1.4

Asociación Cultivos Baixo Miño, Acubam

G94078961

IG208.2019.1.5

C.R.D.O. Ribeira Sacra

G27196575

IG208.2019.1.6

Asociación Galega de Áridos

G36345718

IG208.2019.1.8

Asociación de Industrias Culturales de la Provincia de Ourense

G32479446

IG208.2019.1.10

Asociación de Fabricantes de Cerveza Artesanal de Galicia

G32485971

IG208.2019.1.11

Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG208.2019.1.12

Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

IG208.2019.1.13

Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño

G27292051

IG208.2019.1.14

Entre Nós-Empresas Galegas

G70518725

IG208.2019.1.15

Aecalpo

G36274306

IG208.2019.1.16

Clúster Tic Galicia

G70157581

IG208.2019.1.17

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

G36997229

IG208.2019.1.18

Asoc. Empresarios Terra de Melide

G15246093

IG208.2019.1.19

Asociación de Empresarios del Producto Gourmet

G32471492

IG208.2019.1.20

Rede Galega de Empresas

G15803760

IG208.2019.1.21

Asociación Galega de Empresas de Xardinería

G15728777

IG208.2019.1.22

C.R.D.O. Monterrei

Q8255203E

IG208.2019.1.24

Asociación Clúster del Granito

G36644961

IG208.2019.1.25

Asociación de Clubes Náuticos de Galicia

G15916547

IG208.2019.1.27

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG208.2019.1.29

Agmma (Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines)

G36912962

IG208.2019.1.30

Clúster del Agua Mineral y Termal de Galicia

G70311568

IG208.2019.1.32

Asoc. Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos

G36942720

IG208.2019.1.33

Asociación de Empresarios de O Couto

G32380065

IG208.2019.1.34

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG208.2019.1.35

Clúster Saúde de Galicia Csg

G70308143