Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19727

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, adoptou o seguinte

ACORDO:

Segundo o disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, convócanse David Martín Madroño, con DNI ***5972**, e a María del Carmen Vázquez Rivas, con DNI ***3584**, que non acreditaron en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo que terá lugar o día 29 de abril de 2019, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 11.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno que ao xuízo do tribunal acredite a súa identidade, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao lugar en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal