Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19749

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, da Xerencia Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de atención primaria.

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de atención primaria.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Enfermaría a que se fai referencia na base quinta,

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 marzo) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos vacantes de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de atención primaria, anunciada mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro).

Segundo. Nomear, nos posto que se indican, as persoas que se citan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserto o posto de coordinador/a de servizo de atención primaria de Nóvoa Santos-O Couto (Ourense) por non concorreren aspirantes á convocatoria.

Cuarto. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Quinto. A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Sexto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 28 de marzo de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Ribadavia.

Nome e apelidos: María del Pilar González Iglesias.

DNI (*): ***9524**.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Allariz.

Nome e apelidos:Rosa María Forneiro Arce.

DNI (*): ***3199**.

Denominación do posto: coordinador/a de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Mariñamansa (Ourense).

Nome e apelidos: Rosa María Salgado Ferreiro.

DNI (*): ***2917**.

(*) O DNI móstrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.