Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 69, do martes 9 de abril de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 17867, no punto 3 do artigo 21, onde di: «3. Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas (engadir contrato formación e aprendizaxe)»; debe dicir: «3. Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas».
Na páxina 17868, no último parágrafo do punto 3 do artigo 21, onde di: «No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo (revisar contrato temporal)»; debe dicir: «No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo».