Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018270TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018270TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Guay Hostelería, S.L. (Bar JJ).

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción nos prazos establecidos. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2018270TA-PO.

Interesada: Guay Hostelería, S.L. (Bar JJ).

Documento de identificación: B27726652.

Último enderezo coñecido: A Guía, 40. Atios 36418 O Porriño.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 1.200,00 €.