Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 4053/2019, interposto por General de Edificios y Solares, S.L.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o oficio do 12 de marzo de 2019 polo que se ordenaba a remisión do expediente administrativo do cal deriva o procedemento ordinario 4053/2019, correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto por General de Edificios y Solares, S.L. contra a Resolución do 5 de novembro de 2018, da directora xeral do Patrimonio Cultural (P.D. Orde do 14 de marzo de 2018) pola que se acorda a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da fábrica da electricidade da Ponte Nova, sita na parroquia de Betanzos, no concello de Betanzos, e se lle solicitaba á Administración demandada que emprace nese procedemento os interesados para que poidan comparecer como demandados ante o tribunal no prazo de nove días.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo