Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de arquitecto, funcionario de carreira, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, grupo A, subgrupo A1.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 61, do 29 de marzo de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de arquitecto para o Concello de Ribeira, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, grupo A, subgrupo A1, código RPT 03.01.01.01, a través do proceso selectivo de concurso-oposición e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 3 de abril de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde