Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de convocatoria para prover seis prazas de auxiliar de axuda no fogar.

No Boletín Oficial del Estado número 315, do 31 de decembro de 2018, publicouse a Resolución do 10 de decembro de 2018 referente á convocatoria para prover seis prazas de auxiliar de axuda no fogar polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 84, do 11 de abril de 2019, publicouse anuncio de rectificación das ditas bases.

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 11 de abril de 2019

José Antonio Ferreiro González
Alcalde