Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20555

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fixan a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 4 de abril de 2019, o tribunal nomeado mediante a Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 11 de maio de 2019, e que o lugar de realización será a Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela), no salón de actos e nas aulas 1, 3 e 9, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Teresa Carrera Babarro
Presidenta do tribunal