Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20522

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de abril de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos.

De conformidade co establecido no Decreto 124/2017, do 30 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 234, do 12 de decembro) esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir cinco (5) prazas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. Resérvanse catro (4) prazas para a quenda de acceso libre e unha (1) praza para a quenda de promoción interna.

Se a praza reservada para a quenda de promoción interna non fose cuberta por esta quenda, acumularase á de acceso libre.

I.1.2. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídas nas listaxes provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídas.

As aclaracións ou as correccións respecto ao cambio de quenda deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.3. A este proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP), a LEPG e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para ser admitidas no proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna.

I.2.1.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se for o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación a quen obtivese o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no actual subgrupo A2 da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio).

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos durante, polo menos, dous anos como persoal funcionario nalgún dos corpos ou escalas integrados no actual subgrupo A2 da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) desde o que participen, computados desde o ingreso ou desde a integración nel.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de familiares (artigos 167 e 176 da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2. Acceso libre.

I.2.2.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ter a nacionalidade doutros Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutro Estado membro da Unión Europea sempre que non estean separadas de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os/as seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.2. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se for o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.3. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas solicitantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Poderán solicitar, dentro do prazo de presentación de solicitudes, as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme ao contido na LEPG, no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, e no Decreto 124/2017, do 30 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Se a solicitude deriva dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante.

Poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, a persoa solicitante, segundo estea ou non nos supostos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta de pagamento: consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da publicación desta convocatoria no DOG e que na data de presentación da solicitude non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción, a persoa solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e deberá presentar, antes do remate do prazo fixado, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar onde conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

– Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que figura como demandante de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

– Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de Correos e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nestes supostos, considerarase como data válida a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

No caso de que a persoa solicitante autorice á Administración a consulta dos datos sobre discapacidade, familia numerosa ou desemprego, deberá marcar os recadros habilitados para estes efectos na solicitude de inscrición no proceso selectivo. Non terá que presentar a documentación a que se fai referencia pero deberá obrigatoriamente imprimir e asinar a solicitude e presentala nun dos rexistros mencionados. Se así non o fai, figurará excluída nas listaxes que se publiquen.

• Non exenta de pagamento: a persoa solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Pagamento electrónico:

Sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para a devolución da taxa aboada as persoas solicitantes deberán figurar como excluídas nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola cal se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, de luns a venres, das 8.30 ás 20.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación das causas das exclusións que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das peticións de corrección entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública, que será publicada no DOG, pola cal se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta orde.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas expresas que figuran no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

II.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test correspondentes ao programa que figura como anexo I. Trinta (30) das preguntas corresponderán á parte xeral do programa e noventa (90) á parte específica.

O cuestionario conterá cinco (5) preguntas de reserva, unha (1) correspondente á parte xeral do programa e catro (4) á parte específica, que substituirán as anuladas de cada unha das partes pola súa orde. As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha (1) delas será a correcta, correspondentes á totalidade do programa que figura no anexo I desta orde.

O exercicio terá unha duración máxima de douscentos corenta (240) minutos.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna, estarán exentas neste exercicio da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente as noventa (90) preguntas, máis as catro (4) de reserva, correspondentes á parte específica.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.2. Segundo exercicio: consistirá na resolución por escrito de tres (3) supostos teórico-prácticos, sobre as seguintes partes do programa: I. Estatística teórica, II. Mostraxe e III. Demografía e estatística aplicada ao sector público.

Para o desenvolvemento do exercicio o tribunal facilitaralles ás persoas o material de cálculo e material impreso que considere oportuno.

O exercicio terá unha duración máxima de douscentos corenta (240) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para obter esta puntuación mínima.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os supostos en que consistía o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3. Terceiro exercicio: consistirá na resolución por escrito de dous (2) supostos teórico-prácticos, sobre as seguintes partes do programa: IV. Economía e V. Econometría.

Para o desenvolvemento do exercicio o tribunal facilitaralles ás persoas a calculadora e material impreso que considere oportuno.

O exercicio terá unha duración máxima de cento oitenta (180) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para obter esta puntuación mínima.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os supostos en que consistía o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.4. Cuarto exercicio. As persoas aspirantes deberán desenvolver por escrito dous (2) temas correspondentes á parte específica do programa.

Un (1) dos temas elixirase entre tres (3) obtidos mediante sorteo, de entre os que conforman as partes I. Estatística Teórica e II. Mostraxe; e outro (1) elixirase entre tres (3) obtidos mediante sorteo de entre os que conforman as partes IV. Economía e V. Econometría. Para os sorteos numeraranse correlativamente os temas dentro de cada grupo.

O exercicio terá unha duración máxima de cento oitenta (180) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.5. Quinto exercicio. Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical, correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto.

Ao remate da proba cada persoa aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do terceiro exercicio, que posuían, antes do día de finalización do prazo disposto na base I.2 desta convocatoria, o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Na quenda de promoción interna e para a exención deste exercicio, xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por ter acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabéticamente pola primeira da letra «K», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 20 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da mesma consellería do 3 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro).

II.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

II.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, as que integran o tribunal e as designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como persoal colaborador.

II.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para acreditar a súa identidade.

II.2.5. O chamamento para cada exercicio será único de xeito que, as persoas aspirantes que non comparezan, serán excluídas.

As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con dous (2) días hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

II.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización dun exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección publicarao no DOG.

II.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento. No caso de que non se acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano que convoca, que publicará a orde que corresponda.

II.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exames, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

II.3. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas.

Para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poida ser nomeado persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, no artigo 60 do TRLEBEP e no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá serlle comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal, ás persoas que actúen como persoal asesor dos previstos na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade que convoca publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal, que substituirán a quen perdese a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus integrantes, con presenza en todo caso da Presidencia e da Secretaría deste.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal redactarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da Secretaría e co visto e prace da Presidencia.

III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo, agás aqueles en que estea prevista a lectura pública, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que considere pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes aspirantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización das probas o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

Posto que nesta escala non existe infrarrepresentación feminina, no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– Sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu DNI. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación das persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Fotocopia cotexada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo de que foi separado ou inhabilitado, nin pertencer ao mesmo corpo, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

IV.3. Quen teña a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

IV.4. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no DOG con indicación do destino adxudicado.

IV.6. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

As persoas aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre as da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes, de acordo co disposto no artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Segundo o disposto no artigo 80 da LEPG, as persoas aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna tomarán posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, segundo os requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por persoal funcionario pertencente aos corpos e ás escalas a que accedan.

IV.7. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A1, escala superior de estatísticos

– Parte xeral.

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e a suspensión.

2. A organización territorial do Estado. Organización constitucional do sistema autonómico. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. A Administración local.

3. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

4. A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e a súa Presidencia. A Administración de xustiza en Galicia.

5. A Administración autonómica. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Entidades instrumentais do sector público autonómico.

6. A organización da Unión Europea (I): O Consello Europeo, o Consello, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Tribunal de Contas, o Banco Central Europeo. Composición e funcións. As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.

7. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Revisión dos actos administrativos. Recursos contra os actos administrativos. O procedemento administrativo común: fases.

8. O acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

9. A responsabilidade patrimonial da Administración. O réxime xurídico no sistema español. Responsabilidade de autoridades e funcionarios. Responsabilidade das administracións públicas por actos dos seus concesionarios e contratistas.

10. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. Elementos. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación. Extinción.

11. As subvencións. Réxime xurídico das subvencións na Administración da Xunta de Galicia: concepto. Partes na relación subvencionable. Establecemento. Procedemento de concesión, xestión e xustificación. Causas de reintegro.

12. A Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: principios xerais. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: contido, estrutura, elaboración e aprobación. Fases da execución.

13. O persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia: clases e normativa de aplicación. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades.

14. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. Ficheiros de titularidade pública. Réxime sancionador.

15. Políticas de igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: disposicións xerais. A transversalidade. A erradicación do uso sexista da linguaxe. As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega. Medidas de conciliación e corresponsabilidade no emprego público. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero.

16. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade. Dereitos. Especial consideración do dereito á vida independente e de participación en asuntos públicos. Igualdade de oportunidades e non discriminación.

17. Transparencia. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: transparencia da actividade pública e bo goberno. Acceso á información pública. Mecanismos de coordinación e control. O Comisionado da Transparencia. A Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación. Dereitos da cidadanía nas súas relacións coas administracións públicas.

– Parte específica.

I. Estatística teórica.

1. Fenómenos aleatorios. Definicións de probabilidade. Fundamentación axiomática. Propiedades e teoremas. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Propiedades e teoremas. Teorema de Bayes.

2. Variables aleatorias unidimensionais. Distribución de probabilidade de variables aleatorias discretas e continuas. Función de probabilidade, función de densidade e función de distribución. Cambios de variable. Características dunha distribución unidimensional. Esperanza matemática. Momentos. Cuantís. Outras medidas de posición, dispersión e forma. Teorema de Markof e desigualdade de Chebixef.

3. Distribución unidimensional de probabilidade. Funcións xeneratrices. Función característica. Propiedades. Teoremas. Fórmula de inversión.

4. Variables aleatorias multidimensionais. Función de distribución. Propiedades. Función de probabilidade e función de densidade. Distribucións marxinais e condicionadas. Independencia. Esperanza matemática dunha distribución multidimensional. Momentos. A matriz de covarianzas. Función característica. Cambios de variable.

5. Distribucións discretas unidimensionais máis relevantes: dexenerada, uniforme, Bernoulli, binomial, xeométrica, binomial negativa, hiperxeométrica e Poisson. Relacións asintóticas.

6. Distribución normal e distribucións asociadas: chi-cadrado, F de Fisher-Snedecor, tde Student e distribución log-normal.

7. Distribución de Pareto. Distribución de Cauchy. Distribucións exponencial, gamma e beta: relacións coas distribucións binomial e Poisson.

8. Principais distribucións multidimensionais: uniforme, multinomial e hiperxeométrica multivariante. A distribución normal multivariante.

9. Regresión e correlación nunha distribución multidimensional. Esperanza condicionada. Propiedades. Regresión simple: recta de regresión e curva de regresión. Regresión múltiple: hiperplano de regresión e superficie xeral de regresión.

10. Converxencia de sucesións de variables aleatorias. Tipos de converxencia e relacións entre elas. Leis dos grandes números. Teorema central do límite.

11. Procesos estocásticos. Características dun proceso. Estacionariedade e ergocidade. Teorema de Kolmogorof. Cadeas de Markof. Procesos de Poisson e xeneralizacións.

12. A inferencia estatística. Concepto de mostra aleatoria. Distribución da mostra. Estatísticos e a súa distribución na mostraxe. Función de distribución empírica e as súas características. Teorema de Glivenko-Cantelli.

13. Distribucións na mostraxe asociadas con poboacións normais. Distribucións da media, varianza e diferenza de medias. Estatísticos ordenados. Distribución do maior e menor valor. Distribución do percorrido.

14. Estimación puntual de parámetros. Estatísticos. Estimadores. Erro cuadrático medio. Propiedades dos estimadores: inesgadura, eficiencia, consistencia, suficiencia e robustez.

15. Método de estimación de máxima verosemellanza. A función de verosemellanza. Propiedades asintóticas dos estimadores de máxima verosemellanza. Outros métodos de estimación: analoxía, momentos e mínimos cadrados.

16. Estimación por intervalos de confianza. Conceptos xerais. Métodos de construción de intervalos de confianza: método do estatístico pivote e método xeral de Neyman. Intervalos de confianza en poboacións normais: media, varianza, diferenza de medias e cociente de varianzas.

17. Estimación bayesiana. Distribucións a priori e a posteriori. Función de perda e funcións de risco. Estimador de Bayes.

18. Contrastes de hipóteses. Formulación xeral. Hipóteses simples e compostas. Tipos de erro. Nivel de significación. Potencia dun contraste. Contrastes clásicos de parámetros.

19. Contrastes da razón de verosemellanzas. Teorema de Neyman-Pearson. Contrastes aleatorizados. Aplicacións.

20. Contrastes de bondade de axuste. Contraste chi-cadrado. Contraste de Kolmogorov-Smirnov. Contrastes de normalidade. Transformacións para conseguir normalidade.

21. Contrastes de independencia e homoxeneidade. Contrastes de refachos. Contrastes de autocorrelación. Contrastes de Wilcoxon. Análise de táboas de continxencia.

22. Análise da varianza para unha clasificación simple. Comprobación das hipóteses iniciais do modelo. Contrastes de comparacións múltiples: método de Tukey e método de Scheffé. Análise da varianza para unha clasificación dobre.

23. Análise de conglomerados. Medidas de disimilaridade. Métodos xerárquicos aglomerativos: o dendograma. Métodos xerárquicos divisivos. Métodos non xerárquicos de clasificación.

24. Análise discriminante. Clasificación con dous grupos. Función discriminante de Fisher. Clasificación con máis de dous grupos. Funcións clasificadoras.

25. Introdución á análise multivariante. Visión xeral e clasificación dos métodos. Utilización de distribucións multivariantes: distribución normal, de Wishart, T de Hotelling e de Wilks. A distancia de Mahalanobis.

26. Análise de compoñentes principais. Formulación do problema, resolución e propiedades. Determinación do número de compoñentes que se consideren.

27. Análise factorial. O modelo factorial. Métodos de estimación dos parámetros. Rotación dos factores. Relacións entre a análise factorial e a análise de compoñentes principais.

28. Introdución á aprendizaxe automática. Conceptos básicos e usos. Aprendizaxe supervisada.

29. Números índices: concepto. Números índices simples e complexos. Índices en cadea. Propiedades dos números índices. Índices de prezos. Índices de cantidades. Índices de valor. Enlaces e cambios de base. Repercusión e participación. Deflación de series económicas.

30. Desigualdade. Propiedades desexables das medidas de desigualdade. Taxa de pobreza. Brecha de pobreza. Índice de Watts. Curva de Lorenz e coeficiente de Gini. Indicadores baseados en funcións de utilidade: índice de Dalton e índice de Atkinson. Indicadores baseados na entropía: índice de Theil.

31. Introdución ao record linkage. Pasos que se seguen para a estandarización e métodos empregados para a unión.

II. Mostraxe

1. Conceptos de poboación, marco, modelo de superpoboación e mostra. Emprego de modelos na inferencia. Inferencia baixo o deseño. Espazo mostral e deseño mostral. Probabilidades de inclusión. Estimadores e propiedades. Estimador de Horvitz-Thompson.

2. Mostraxe aleatoria simple sen reposición. Estimadores de medias, proporcións e totais. Varianzas e a súa estimación. Uso da distribución normal. Determinación do tamaño da mostra.

3. Mostraxe con reposición. Estimador de Hansen-Hurwitz. Varianza e a súa estimación. Mostraxe aleatoria simple con reposición. Estimadores. Varianzas e a súa estimación. Comparación entre mostraxe aleatoria simple sen e con reposición.

4. Mostraxe estratificada. Estimadores. Varianzas e as súas estimacións. Principios básicos da estratificación. Construción e número de estratos. Asignación da mostra cunha característica. Ganancia de precisión.

5. Mostraxe estratificada. Determinación do tamaño da mostra. Mostraxe estratificada con unidades autorrepresentadas. Asignación da mostra con máis dunha característica. Estratificación a posteriori. Aplicación á estimación en subpoboacións.

6. O estimador de razón. Nesgo do estimador. Aproximación da varianza e a súa estimación. Comparación coa estimación simple. Estimador de razón na mostraxe estratificada: estimador separado e combinado. Nesgo, varianza e as súas estimacións. Comparación de precisións.

7. O estimador de regresión. Estimación con pendente predeterminada. Estimación con pendente calculada a partir da mostra. Aproximación da varianza e a súa estimación. Nesgo. Comparación cos estimadores simple e de razón.

8. Mostraxe de conglomerados nunha etapa. Motivación. Coeficiente de correlación entre conglomerados e a súa interpretación. Mostraxe simple de conglomerados: estimador inesgado e estimador de razón. Mostraxe con probabilidades proporcionais ao tamaño.

9. Mostraxe de conglomerados en dúas etapas. Teorema de Madow. Estimadores lineais inesgados. Mostras autoponderadas. Varianzas. Estimación das varianzas. Teoremas I e II de Durbin.

10. Mostraxe sistemática. Descrición. Relación coa mostraxe de conglomerados e comparación coa mostraxe estratificada. Estimador da media. Varianza. O problema da estimación da varianza. Modelización.

11. Métodos de estimación de varianzas. Método xeral de linearización. Grupos aleatorios. Conglomerados últimos. Semi-mostras reiteradas. Método jack-knife. Método bootstrap.

12. Mostraxe dobre ou bifásica. Mostraxe en ocasións sucesivas. Estimación do cambio e do nivel. Estimadores de mínima varianza. Rotación da mostra con solapamento parcial.

13. Estimación en áreas pequenas. Estimadores directos. Estimadores sintéticos baseados no deseño, estimadores sintéticos baseados no modelo. Estimadores compostos. Outros tipos de estimadores.

14. Estimador lineal de regresión xeneralizado (GREG). Definición. Expresións alternativas do estimador de regresión. Calibración.

15. Algunhas técnicas especiais. Modelo de captura e recaptura. Mostraxe inversa. Mostraxe indirecta. Mostraxe por cotas, mostraxe por bola de neve e outras técnicas empíricas.

16. Erros alleos á mostraxe. Marcos imperfectos. Estimación con marcos imperfectos. Estimador con presenza de marcos imperfectos. Erros de medida. Submostras interpenetrantes.

17. Erros alleos á mostraxe. Non resposta. Características da non resposta. Tratamentos da non resposta: planificación da enquisa, submostraxe de respondentes, respostas aleatorizadas. Estimación con falta de resposta. Imputación.

III. Demografía e estatística aplicada ao sector público.

1. A demografía. Delimitación temporal: o diagrama de Lexis, liñas de vida, cohortes e xeracións. Fluxos e stocks. Os fenómenos demográficos. Análises lonxitudinal e transversal. Taxas, cocientes, proporcións e probabilidades.

2. Mortalidade. Taxas brutas e específicas. Mortalidade infantil. Estandarización. Táboa de mortalidade. Funcións e construción. Métodos indirectos no estudo da mortalidade: táboas tipo e logit de Brass. Morbilidade e causas de morte.

3. Natalidade, fecundidade e nupcialidade. Taxas brutas e específicas. Intensidade e calendario. Modelos de fecundidade. Factores que inflúen na fecundidade.

4. Movementos migratorios. Conceptos básicos. Matrices migratorias. Índices simples. Calendarios migratorios. Correntes migratorias. Análise con fontes indirectas.

5. Estrutura da poboación. Composición por sexo e idade. Pirámide de idade. Proceso de envellecemento. Outras características demográficas: nivel de estudos e relación coa actividade.

6. Proxeccións de poboación. Procedementos matemáticos: métodos de extrapolación, función loxística. Método das compoñentes: proxección das compoñentes.

7. Estrutura e dinámica de fogares. Principais fenómenos demográficos na dinámica dos fogares. Proxeccións de fogares: métodos de taxas de xefaturas de fogar e modelos dinámicos.

8. Fontes estatísticas demográficas. Censo de poboación. Padróns e rexistros de poboación. Movemento natural da poboación. Estatísticas de migracións.

9. Tipos de estudos estatísticos: censos e enquisas por mostraxe. Vantaxes e inconvenientes. Rexistros administrativos. O directorio de empresas: unidades de estudo. Directorios de enquisas.

10. Modelo xenérico de procesos estatísticos (GSBPM). Relación con outros modelos e estándares. Niveles 1 e 2 do GSBPM. Descrición das fases e subprocesos.

11. Clasificacións e nomenclaturas. Descrición e estrutura das principais clasificacións estatísticas: CNAE, CNO, CPA, CNED, COICOP e TARIC. A nomenclatura de unidades territoriais para estatísticas (NUTS). O grao de urbanización en Galicia.

12. Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia. Lei 15/2016, do 28 de xullo, do Plan galego de estatística 2017-2021.

13. Lei 12/1989, do 9 de maio, da función estatística pública. Regulamento (CE) núm. 223/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de marzo de 2009, relativo á estatística europea. O Código de conduta das estatísticas europeas.

14. O software estatístico R. Táboas (dataframes), vectores, listas, arrays e funcións. Recodificación de variables. Agregación e filtrado de datos. Unión de ficheiros. Importación e exportación de datos.

15. Sistema de xestión de bases de datos relacionais. Modelo relacional. Integridade. Normalización. Primeira, segunda e terceira formas normais. SQL: linguaxes de definición e de manipulación de datos.

IV. Economía.

1. O Sistema europeo de contas. Aplicacións do SEC. As unidades e conxuntos de unidades no SEC 2010. Delimitación da economía nacional. Unidades institucionais. Sectores institucionais. Unidades de actividade a nivel local e ramas de actividade. Unidades de produción homoxénea e ramas homoxéneas. Clasificación das ramas homoxéneas.

2. As operacións de bens e servizos. A produción. Consumos intermedios. Consumo final. Formación bruta de capital. Importacións e exportacións de bens e servizos. Operacións de bens existentes. A conta de bens e servizos.

3. As operacións de distribución. Remuneración dos asalariados. Impostos sobre a produción e as importacións. Subvencións. Rendas da propiedade. Impostos correntes. Cotizacións e prestacións sociais. Outras transferencias correntes. Transferencias de capital. As operacións financeiras. Clasificación e normas contables. Enlace cos agregados económicos. Outros fluxos no SEC.

4. A sucesión de contas e saldos contables. Sucesión de contas. Contas do resto do mundo. Contas económicas integradas. Principais agregados.

5. Táboas de orixe e destino e marco input-output. Ferramenta estatística e de análise. Principios de valoración. Ferramenta para a análise e as súas ampliacións.

6. Medición das variacións de prezos e volume no SEC 2010. Campo de aplicación dos índices de prezo e de volume no sistema de contas. Principios xerais para a medición dos índices de prezos e volume. Problemas concretos para aplicar os principios xerais. Índices de prezos e volume interespaciais.

7. Poboación e emprego no SEC 2010. Contas trimestrais. Contas rexionais.

8. As contas das administracións públicas no SEC 2010. Definición do sector das administracións públicas. Delimitación do mercado/non mercado. Presentación das estatísticas das finanzas públicas. Capacidade/necesidade de financiamento.

9. O mercado. Determinantes da demanda e a curva da demanda. Determinantes da oferta e a curva de oferta. A determinación do prezo e do nivel de produción.

10. As preferencias e a elección do consumidor. Preferencias e función de utilidade. A restrición orzamentaria. A elección óptima dos consumidores.

11. A demanda do consumidor. A demanda individual. Efecto substitución e efecto renda. O excedente do consumidor e a demanda do mercado.

12. A elección en situacións de incerteza. A descrición do risco. Preferencias polo risco e reducións do risco.

13. A produción. A tecnoloxía de produción. As isocuantas. A produción con un e con dous factores variables. Rendementos de escala.

14. Os custos de produción. Os custos a curto e longo prazo. As curvas de custos. Economías e deseconomías de escala. Minimización de custos.

15. O modelo de competencia perfecta. Análise a curto e longo prazo. Supostos básicos. Equilibrio de mercado a curto prazo. Equilibrio de mercado a longo prazo.

16. O poder de mercado: o monopolio e o monopsonio. A fixación dos prezos con poder de mercado. Discriminación de prezos. Monopolio bilateral e relacións verticais. Os prezos de transferencia.

17. Competencia monopolística: supostos básicos e aspectos relevantes. Comparación do modelo de competencia perfecta co modelo de competencia monopolística.

18. O oligopolio. O problema do oligopolio. O liderado na elección do prezo e na elección de cantidade. A colusión. O oligopolio e a teoría de xogos: equilibrio de Nash, estratexias mixtas, xogos repetidos e consecutivos.

19. As externalidades e os bens públicos. Externalidades no consumo e a produción. Dereitos de propiedade. Recursos de propiedade común. Os bens públicos.

20. A renda nacional. Determinación da produción total de bens e servizos. Distribución da renda nacional entre os factores de produción. Determinación da demanda de bens e servizos. Equilibrio de oferta e demanda de bens e servizos.

21. O sistema monetario. O diñeiro: función, tipos, control da cantidade e a súa medición. O papel dos bancos no sistema monetario. Como inflúen os bancos centrais na oferta monetaria.

22. A inflación: causas, efectos e custos sociais. A teoría cuantitativa do diñeiro. Os ingresos derivados da impresión de diñeiro. A inflación e os tipos de xuro. O tipo de xuro nominal e a demanda de diñeiro. Os custos sociais da inflación. A hiperinflación.

23. A economía aberta. Os fluxos internacionais de capitais e de bens. O aforro e o investimento nunha pequena economía aberta. Os tipos de cambio.

24. O desemprego. A perda de emprego, a busca de emprego e a taxa natural de paro. A busca de emprego e o paro friccional. A rixidez dos salarios reais e o paro estrutural.

25. O crecemento económico: acumulación de capital e crecemento da poboación. A acumulación de capital. O nivel de capital correspondente á regra de ouro. O crecemento da poboación. O progreso tecnolóxico no modelo de Solow. Da teoría do crecemento aos feitos do crecemento. Medidas para fomentar o crecemento. Máis aló do modelo de Solow: a teoría do crecemento endóxeno.

26. Introdución ás flutuacións económicas. Os feitos sobre o ciclo económico. Horizontes temporais na macroeconomía. A demanda agregada. A oferta agregada. A política de estabilización.

27. A demanda agregada: construción do modelo IS-LM. O mercado de bens e a curva IS. O mercado de diñeiro e a curva LM. O equilibrio a curto prazo. Explicación das flutuacións co modelo IS-LM. O modelo IS-LM como unha teoría da demanda agregada.

28. O modelo Mundell-Fleming e o sistema de tipos de cambio. A pequena economía aberta nun sistema de tipos de cambio flutuantes. A pequena economía aberta nun sistema de tipos de cambio fixos. Diferenzas entre os tipos de xuro. Do curto prazo ao longo prazo: o modelo Mundell-Fleming cun nivel de prezos variable.

29. A oferta agregada e a disxuntiva a curto prazo entre a inflación e o paro. A teoría básica da oferta agregada. A inflación, o paro e a curva de Phillips.

30. Modelo dinámico de demanda e oferta agregada. Elementos do modelo. Como se resolve o modelo e como se utiliza o modelo. A disxuntiva entre a variabilidade da produción e a variabilidade da inflación. O principio de Taylor.

31. Comprender a conduta dos consumidores. Keynes e a función de consumo. Fisher e a elección intertemporal. Modigliani e a hipótese do ciclo vital. Friedman e a hipótese da renda permanente. Hall e a hipótese do paseo aleatorio.

32. A teoría do investimento. O investimento en bens de equipamento. O investimento na construción. O investimento en existencias.

33. Sistema monetario e financeiro internacional. O Fondo Monetario Internacional (FMI) e a xestión das crises. A cooperación internacional ao desenvolvemento. O Grupo Banco Mundial e o Comité de Axuda ao Desenvolvemento. A Organización Mundial do Comercio (OMC): Acordo Xeral de Aranceis (GATT).

34. A Unión Europea. Integración comercial. A Facenda europea e o financiamento das políticas comúns. A Unión Económica e Monetaria. O sistema europeo de bancos centrais. Trazos básicos da política rexional da Unión Europea.

V. Econometría.

1. O modelo lineal xeral. Especificación. Estimadores mínimo cuadrático ordinarios. Propiedades. Contraste de normalidade. Estimador de máxima verosemellanza. Erros de especificación.

2. Inferencia no modelo lineal. Contraste de hipóteses. Tratamento xeral. Contraste acerca dun coeficiente do modelo. Contraste dun subconxunto paramétrico. Contraste de significación global do modelo. Intervalos e rexións de confianza. Contraste de cambio estrutural: test de Chow. Estimación baixo restricións. Predición no modelo lineal.

3. Heteroscedasticidade. Posibles causas de heteroscedasticidade. Estimación mínimo cuadrática en presenza de heteroscedasticidade. Contrastes de heteroscedasticidade. Transformación Box-Cox. Heteroscedasticidade condicional autorregresiva.

4. Autocorrelación. Natureza e causas da autocorrelación. Consecuencias da autocorrelación. Contrastes de autocorrelación. Estimación de modelos con autocorrelación. Predición.

5. Multicolinearidade e modelos non lineais. Concepto e consecuencias. Detección da multicolinearidade. Remedios contra a multicolinearidade. Observacións influentes. Especificación de modelos non lineais. Aproximación lineal ao modelo non lineal. Mínimos cuadráticos non lineais. Estimación de máxima verosemellanza.

6. Regresión lineal con regresores estocásticos. Formulación. Regresión lineal estocástica independente. Regresión lineal autorregresiva. Regresión lineal incorrelacionada contemporaneamente. Regresión lineal estocástica xeral.

7. Regresión con variables cualitativas. O concepto de variable ficticia. Interacción entre atributos. Interacción entre atributos e regresores. Modelos de regresión con variable resposta cualitativa: modelos logit e probit.

8. Datos de panel. Descrición do problema. O modelo de efectos fixos e de efectos aleatorios. Estimación. Contraste de especificación: efectos fixos e efectos aleatorios.

9. Modelos de ecuacións simultáneas. Especificación. Formas estrutural e reducida. O problema da identificación. Estimación por variables instrumentais. Estimador de mínimos cadrados bietápicos. Estimador de máxima verosemellanza con información limitada. Estimación de mínimos cadrados trietápicos. Máxima verosemellanza con información completa. Comparación entre distintos estimadores.

10. Procesos estacionarios. Ruído branco. Teorema de descomposición de Wold. Funcións de autocorrelación simple e parcial.

11. Procesos AR, MA e ARMA. Procesos non estacionarios. Procesos ARIMA. Procesos ARIMA estacionais. Funcións de autocorrelación simple e parcial. Extensión aos vectores autorregresivos (VAR).

12. Identificación de modelos ARIMA. Identificación da estrutura ARMA. Identificación de modelos estacionais. Estimación dos modelos ARMA.

13. Contrastes diagnósticos de modelos ARIMA. Predición en modelos ARIMA. Análise de intervención.

14. Tendencias estocásticas e deterministas. Variables integradas. Contrastes de raíces unitarias.

15. Cointegración e os modelos de corrección do erro. Definición de cointegración. Representación en forma de modelo de corrección do erro. Cointegración no modelo uniecuacional. Enfoque de Engle-Granger. Enfoque de Johansen.

ANEXO II

Don/Dona ..., con domicilio en ..., con DNI/pasaporte ..., declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de Estatísticos, que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso á dita escala.

..., ... de ... de 202...

ANEXO III

Dª/D. ..., con domicilio en ..., e con DNI/pasaporte ... declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de Estatísticos, que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(país e localidade) ..., ... de ... 202...