Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20429

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2019 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2018, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento MR330B).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

No Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio), na súa disposición adicional cuarta regúlase que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria asumirá, desde a súa constitución, as funcións e competencias atribuídas, en materia de formación, innovación e investigación e en materia de innovación tecnolóxica, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Mediante a Resolución do 30 de agosto de 2018 (DOG núm. 117, do 17 de setembro), que dá publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adoptado o día 29 de agosto de 2018, polo que se declara formalmente constituído o Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e segundo o disposto no artigo 17.1 da Orde do 12 de xullo de 2018, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o conselleiro do Medio Rural. En virtude da disposición transitoria quinta do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, os expedientes iniciados polos órganos que se adscriben á Axencia, e non resoltos antes da súa posta en funcionamento, resolveraos o órgano competente da axencia pública autonómica Axencia Galega da Calidade Alimentaria, de acordo coa atribución de competencias establecidas polos estatutos.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xullo 2018, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018, e que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Orde do 12 de xullo 2018 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Programa e crédito orzamentario:

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.422L.770.0, por un valor total de 301.592,32 euros, que se repartirán en dúas anualidades: no ano 2018 o crédito destinado á subvención é de cento sesenta e un mil cincocentos oitenta euros con corenta e dous céntimos (161.580,42 euros), e para o ano 2019 é de cento corenta mil once euros con noventa céntimos (140.011,90 euros).

A repartición estimada segundo o colectivo de destinatarios é:

a) Actividades con participación de polo menos o 60 % de mulleres, 80.790,21 euros para o ano 2018 e 70.005,95 euros para anualidade 2019.

b) Actividades non incluídas na alínea anterior, 80.790,21 euros para o ano 2018 e 70.005,95 euros para a anualidade 2019.

Finalidade:

Actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario.

Beneficiarios, actividades e contías:

Táboa 1a Actividades con participación de polo menos 60 % de mulleres:

Número de expediente

Título da acción

Beneficiaria

CIF

Axuda concedida

2018

2019

AD2018/06

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. Cambados, 15-19 de outubro de 2018

Asociación Agraria de Galicia

G94114675

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. Cambados, 22-26 de outubro de 2018

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. Rubiá, 21-25 de xaneiro de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. O Barco de Valdeorras, 4-8 de febreiro de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. O Bolo,

18-22 de febreiro de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. O Barco de Valdeorras, 18-22 de marzo de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. Larouco,

25-29 de marzo de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. A Rúa, 22-26 de abril de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. A Veiga,

20-24 de maio de 2019

1.000,00

Innovación no sector agrario. Mellora da economía das explotacións facilitando a reestruturación e modernización con nov. Rubiá, 17-21 de xuño de 2019

1.000,00

AD2018/12

Asesoramento en capacidades emprendedoras para mulleres do medio rural. Mazaricos, setembro de 2018

Asociación de Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

1.000,00

Asesoramento en capacidades emprendedoras para mulleres do medio rural. Toques, outubro de 2018

1.000,00

Asesoramento en capacidades emprendedoras para mulleres do medio rural. Abadín, 1º trimestre de 2019

1.000,00

Asesoramento en capacidades emprendedoras para mulleres do medio rural. Carballedo, 1º trimestre de 2019

1.000,00

Asesoramento en capacidades emprendedoras para mulleres do medio rural. Dozón, 2º trimestre de 2019

1.000,00

Asesoramento en capacidades emprendedoras para mulleres do medio rural. Montederramo, 2º trimestre de 2019

1.000,00

Transformación, comercialización e márketing de produtos agroalimentarios autóctonos. Vimianzo, outubro de 2018

1.000,00

Transformación, comercialización e márketing de produtos agroalimentarios autóctonos. Frades, outubro de 2018

1.000,00

Transformación, comercialización e márketing de produtos agroalimentarios autóctonos. Láncara, 1º trimestre de 2019

1.000,00

Transformación, comercialización e márketing de produtos agroalimentarios autóctonos. A Golada, 1º trimestre de 2019

1.000,00

Transformación, comercialización e márketing de produtos agroalimentarios autóctonos. Amoeiro, 2º trimestre de 2019

1.000,00

Transformación, comercialización e márketing de produtos agroalimentarios autóctonos. Castro Caldelas, 2º trimestre de 2019

1.000,00

Táboa 1b. Actividades con participación de mulleres menor do 60 %:

Número de expediente

Título da acción

Beneficiaria

CIF

Axuda concedida

2018

2019

AD2018/01

Curso de produción ecolóxica de leite de vaca e elaboración de produtos ecolóxicos derivados. Santa Comba, 15 ao 18 de xaneiro de 2019

Aselaga

G15556707

1.250,00

Curso de produción ecolóxica de leite de vaca e elaboración de produtos ecolóxicos derivados. Silleda, 18 ao 21 de marzo de 2019

1.250,00

Curso de produción ecolóxica de leite de vaca e elaboración de produtos ecolóxicos derivados. Ordes, 22 ao 25 de abril de 2019

1.250,00

AD2018/03

Curso de introdución á apicultura ecolóxica moderna. Santa Comba, 28 ao 31 de xaneiro de 2019

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

G15917305

1.250,00

Curso de introdución á apicultura ecolóxica moderna. Carballo, 25 ao 28 de marzo de 2019

1.250,00

AD2018/04

Curso de introdución á apicultura ecolóxica moderna. Viana do Bolo, 22 ao 25 de abril de 2019

Asociación Agrogandeira Ourensán

G32349169

1.250,00

AD2018/07

Incorporación e uso das TIC aos procesos de xestión empresarial e ás relacións coas diferentes administracións públicas no eido do sector forestal. Novo procedemento de autorizacións de aproveitamentos forestais. 1-9 de febreiro de 2019

Asociación de Empresarios de 1ª Transformación de Madera de Lugo

G27030915

1.500,00

Incorporación e uso das TIC aos procesos de xestión empresarial e ás relacións coas diferentes administracións públicas no eido do sector forestal. Novo procedemento de autorizacións de aproveitamentos forestais. 15-23 de febreiro de 2019

1.500,00

Acción de divulgación da certificación da xestión forestal sostible e certificación da cadea de custodia, nos sistemas PEFC e FSC. 15 de marzo de 2019

1.250,00

AD2018/09

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 28, 29, 30 de xaneiro e 27 de maio de 2019

COREN

G32246951

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 31 de xaneiro, 1 e 4 de febreiro e 28 de maio 2019

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 5, 6 e 7 de febreiro e 29 de maio de 2019

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 11, 12 e 13 de febreiro e 30 de maio de 2019

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 14, 15 e 18 de febreiro e 31 de maio de 2019

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 19, 20 e 21 de febreiro e 3 de xuño de 2019

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 25, 26 e 27 de febreiro e 4 de xuño de 2019

1.000,00

Aparición da avespa velutina en matadoiros, centros de procesado, explotacións gandeiras e agrícolas. 28 de febreiro 1 e 4 de marzo e 5 de xuño de 2019

1.000,00

AD2018/10

Curso de agricultura ecolóxica.Betanzos, 21 ao 25 de xaneiro de 2019

Sindicato Labrego Galego

G27023951

1.250,00

Curso de agricultura ecolóxica. Santiago de Compostela, 4 ao 8 de febreiro de 2019

1.250,00

Curso de agricultura ecolóxica. Ponteareas, 18 ao 22 de febreiro de 2019

1.250,00

Curso de viticultura ecolóxica. Ribadavia, 21 ao 25 de xaneiro de 2019

1.250,00

Curso de viticultura ecolóxica. Valdeorras, 4 ao 8 de febreiro de 2019

1.250,00

Foro Labrego de Agroecoloxía. Allariz, 20 e 21 de outubro de 2018

1.650,00

AD2018/11

Xornada informativa e práctica sobre viticultura ecolóxica. Verín, 15 de decembro de 2018

Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

G32122384

489,09

Xornada informativa e práctica sobre métodos de control integrado de pragas. Verín, 12 de xaneiro de 2019

489,09

Xornada informativa e práctica sobre a incorporación das TIC na xestión e información das explotacións. Verín, 16 de marzo de 2019

489,09

AD2018/13

Calibración de equipamentos agrícolas. Xinzo de Limia, 15, 16, 17, 18 e 19 de outubro de 2018

Adegal

G32440455

1.500,00

AD2018/14

Gandería ecolóxica. Becerreá, 18 ao 22 de febreiro de 2019

Aprocam

G27256494

1.800,00

Comercialización no sector do vacún de carne. Lugo, 18 ao 22 de marzo de 2019

1.850,00

AD2015/15

Xornada sobre produción e comercialización de carne de vacún para asociados de Agrigga Carne. EGAP, Santiago de Compostela, 18 e 28 de febreiro de 2019

Agrigga Carne Sociedade Cooperativa Limitada

F70490370

2.050,00

AD2018/17

Xornadas sobre prevención de incendios forestais. Sarria, 15 de febreiro de 2019

Asociación Frouma

G15597362

500,00

Xornadas sobre prevención de incendios forestais. Xinzo de Limia, 22 de febreiro de 2019

500,00

Xornadas sobre prevención de incendios forestais. Porto do Son, 1 de marzo de 2019

500,00

Xornadas sobre prevención de incendios forestais. Ponteareas, 8 de marzo de 2019

500,00

AD2018/19

Curso de xestión apícola 4.0. Boqueixón, 20 e 27 de setembro de 2019

Consello Regulador IXP Mel de Galicia

V15211303

1.000,00

Xornada de xestión comercial en apicultura. A Coruña, febreiro de 2019

300,00

Xornada de xestión comercial en apicultura. Lugo, marzo 2019

300,00

Xornada de xestión comercial en apicultura. Ourense 2019

300,00

Xornada de xestión comercial en apicultura. Pontevedra 2019

300,00

AD2018/22

O uso das novas tecnoloxías na xestión apícola: Vigo, 8, 9, 15 e 16 de febreiro de 2019

Agrupación para o Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

V32252496

1.500,00

O uso das novas tecnoloxías na xestión apícola. Barbadás, 8, 9, 15 e 16 de marzo de 2019

1.500,00

Novas producións apícolas, diversificación da produción. Barbadás, 5, 6, 12 e 13 de abril de 2019

1.500,00

Visita técnica á instalación de produción integrada e ecolóxica. 24 agosto de 2019

1.435,00