Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril de 2019, procede facer a seguinte corrección:
Na páxina 18202, no artigo 3.1, onde di: «1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do custo subvencionable aprobado.», debe dicir: «1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a intensidade de axuda establecida no artigo 6.1».