Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20880

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 22 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas da realización do terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3. da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 e IV.3 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo

NIF

Apelidos e nome

1º exer.

2º exer.

3º exer.

Total

1

***0128**

Martínez Bouzón, Matilde

20,17

7,55

Exenta

27,72

2

***9587**

Fontenla Vila, Ángel

17,61

7,60

Exento

25,21

3

***6330**

López Moreiro, José Ramón

14,20

7,90

Exento

22,10