Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20879

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fixan a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 22 de abril de 2019, o tribunal nomeado mediante a Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 11 de maio de 2019 e que o lugar de realización será a Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela), no salón de actos, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal