Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20843

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de abril de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

A Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro) establece no artigo 11.3 que o prazo para a presentación da solicitude única para o ano 2019 se iniciará o 1 de febreiro e finalizará o día 30 de abril, ambos o dous incluídos.

Este prazo cumpre co disposto no artigo 95.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, que establece con carácter de normativa básica que o prazo de presentación da solicitude única a partir do ano 2016 se iniciará o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril de cada ano.

A disposición derradeira segunda do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, faculta a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para adaptar as datas e prazos que se establecen no referido real decreto ás exixencias derivadas da normativa da Unión Europea.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación está tramitando un proxecto de orde pola que se amplía o prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2019, establecido no artigo 95 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural.

En relación co artigo 95 do real decreto mencionado, solicítase que o prazo de presentación da solicitude única se amplíe ao 7 de maio de 2019 incluído, co obxecto de evitar que posibles beneficiarios non poidan presentar a solicitude en prazo por unha previsible saturación das entidades colaboradoras, de acordo coa baixa porcentaxe de presentación de solicitudes coñecida na data de hoxe,

DISPOÑO:

Artigo único

Acórdase modificar o artigo 11.3 da Orde do 22 de xaneiro de 2019 e ampliar o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da PAC de 2019, que concluirá o 7 de maio de 2019, incluído.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural