Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Mª del Carmen IV, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante escrito do 5 de decembro de 2018, Carmen Zubiela Sieira solicita autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Mª del Carmen IV.
Segundo. A solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedemento.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mª Carmen Caamaño Zubiela (***5259**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Mª del Carmen IV.
Situación:
Cuadrícula nº: 10.
Polígono: B.
Distrito: Muros (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 10.12.1963.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actual titular: María del Carmen Zubiela Sieira (***6199**).
Nova titular: María del Carmen Caamaño Zubiela (***5259**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 3 de abril de 2019
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña