De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (artigo 47, número 3), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de marzo de 2019 do proxecto de valorización de residuos non perigosos no lugar da Revolta (couto mineiro Godos), no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), promovido por Hormigones Valle Miñor, S.A.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático