De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de marzo de 2019 do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Támega, no núcleo da Preguiza, no concello de Verín (Ourense), promovido polo concello de Verín.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático