De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de marzo de 2019 do proxecto de forestación de varias parcelas da CMVMC da Graña, na parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei (Pontevedra), promovido pola CMVMC da Graña.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático