Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21049

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza.

De acordo co disposto no artigo 483 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e mais no artigo 16 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, as probas selectivas serán convocadas e resoltas polo Ministerio de Xustiza e realizaranse de forma territorializada nos distintos ámbitos en que se agruparon as vacantes.

Así mesmo, de conformidade co establecido nos mencionados artigos, as convocatorias publicaranse nos diarios oficiais das comunidades autónomas de forma simultánea á publicación no Boletín Oficial del Estado e, para o suposto de que a dita simultaneidade non sexa posible, prevese que os termos e prazos establecidos na convocatoria se contarán a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Na súa virtude, en exercicio das facultades atribuídas polo artigo 19 do Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Artigo único

Publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, e que se insire a seguir como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo
para o acceso por promoción interna ao corpo de xestión procesual
e administrativa da Administración de xustiza

En cumprimento do disposto no Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e mais nos reais decretos 954/2018 e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018, e co fin de atender as necesidades de persoal ao servizo da Administración de xustiza,

Este ministerio, no uso das competencias que lle están atribuídas na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e mais no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, de conformidade coa Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, incluídos no libro VI da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, e logo de informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública, acorda convocar proceso selectivo de acceso, polo sistema de promoción interna, ao corpo de xestión procesual e administrativa.

O mencionado Real decreto 954/2018, do 27 de xullo, que aproba a oferta de emprego público de estabilización para o persoal da Administración de xustiza para o ano 2018, prevé a acumulación desta oferta coa de 2017, polo que, en prol dunha maior eficiencia e eficacia, se inclúen todas as prazas ofertadas en 2017 e 2018 nunha única convocatoria, o cal foi obxecto de negociación colectiva no ámbito da Administración de xustiza.

A presente convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes no que atinxe ao acceso ao emprego público, de acordo co artigo 14 da Constitución española, co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, coa Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, e co Acordo do Consello de Ministros do 20 de novembro de 2015, polo que se aproba o II Plan para a igualdade entre mulleres e homes na Administración xeral do Estado e nos seus organismos públicos, así como a normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

Tamén ten en conta os principios de igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade e os seus dereitos, de conformidade co Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, co Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, e co Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade; e desenvolverase consonte as seguintes

Bases comúns:

As bases comúns polas cales se rexerá a presente convocatoria son as establecidas na Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza.

Bases específicas:

A presente convocatoria publicarase no punto de acceso xeral (http://administracion.gob.es/) e mais na páxina web do Ministerio de Xustiza (http://www.mjusticia.gob.es → Ciudadanos → Empleo público).

1. Descrición das prazas.

1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir por promoción interna, a través do sistema de concurso-oposición, 443 prazas do corpo de xestión procesual e administrativa (código 001), con base no disposto no Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e mais nos reais decretos 954/2018 e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018, tal e como se establece no seguinte cadro:

Sistema xeral

Cota persoas con discapacidade

Total

Real decreto 702/2017, do 7 de xullo

Prazas de estabilización-Disposición adicional segunda

127

10

137

Prazas de reposición-Anexo II

87

7

94

Real decreto 954/2018, do 27 de xullo

Prazas de estabilización-Anexo II

96

7

103

Real decreto 955/2018, do 27 de xullo

Prazas de reposición-Anexo II

101

8

109

Total

411

32

443

A convocatoria destas prazas levarase a cabo conxuntamente, consonte a seguinte distribución territorial:

Ámbito territorial

Sistema
xeral

Reserva persoas con discapacidade

Andalucía

51

4

Aragón

5

0

Asturias

3

0

Canarias

29

2

Cantabria

1

0

Cataluña

112

8

Comunidade Valenciana

30

3

Galicia

7

1

La Rioja

1

0

Madrid

48

4

Navarra

7

0

País Vasco

12

1

Ministerio de Xustiza

105

9

Total

411

32

Os aspirantes poderán concorrer por un destes ámbitos territoriais, segundo as instrucións detalladas no anexo III.

Cando o número de prazas ou o mellor desenvolvemento dos procesos selectivos o aconselle, poderán agruparse as vacantes correspondentes a un ou varios territorios soamente para os efectos da execución do proceso selectivo, de xeito que na orde pola que se convoque o primeiro exercicio se detallará en que sede se examinarán. Así, aínda que se examinen nunha sede diferente á localidade do ámbito polo que concorren como provincia de exame, de resultaren aprobados na convocatoria serán destinados obrigatoriamente a algunha das vacantes radicadas no ámbito territorial que expresasen.

1.2. Do total das prazas convocadas reservaranse 32 prazas, coa distribución territorial reflectida no punto 1.1, para seren cubertas por aqueles que teñan a condición legal de persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 por cento, sempre que acrediten o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas propias que corresponden ao corpo de xestión procesual e administrativa e superen as probas selectivas.

Consideraranse afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento, de acordo co disposto no artigo 1 do Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

As prazas reservadas a persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás de sistema xeral.

Os aspirantes que opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade non poderán participar polo resto de prazas do sistema xeral.

1.3. Os aspirantes só poderán participar por un único ámbito territorial e, en caso de superaren o proceso selectivo, obterán necesariamente destino dentro do ámbito territorial polo que concorren. As prazas que queden desertas nun ámbito territorial non se poderán acumular a outro distinto. Non se admitirá a modificación do ámbito territorial elixido unha vez presentada a solicitude.

1.4. As presentes bases de convocatoria publicaranse asemade no Boletín Oficial del Estado e nos boletíns oficiais das comunidades autónomas onde se convocan prazas. No suposto de que a dita simultaneidade non sexa posible, todos os termos e prazos establecidos na presente orde se contarán a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

2. Proceso selectivo.

2.1. O proceso selectivo terá lugar mediante o sistema de concurso-oposición. A fase de oposición será eliminatoria e desenvolverase en primeiro lugar cos exercicios, puntuacións e valoracións que se especifican no anexo I-A desta convocatoria.

Aos aspirantes que superen a fase de oposición aplicaráselles o baremo de méritos da fase de concurso que se especifican no anexo I-B desta convocatoria.

2.2. A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións finais obtidas en cada unha das fases de oposición e concurso.

2.3. En ningún caso se poderá declarar superado o proceso selectivo en cada ámbito para un número maior de aspirantes ca o de prazas obxecto desta convocatoria. Serán nulas de pleno dereito as propostas de aprobados que contraveñan esta limitación.

2.4. En caso de empate, na orde de puntuación primará a nota total da fase de oposición e en segundo lugar a da fase de concurso. Por último, se aínda persiste o empate, primará a primeira letra do primeiro apelido empezando pola letra «Q», de acordo coa Resolución do 15 de marzo de 2019, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se publica o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado. No suposto de que non exista ningún aspirante cuxo primeiro apelido comece pola letra «Q», o empate dirimirase por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra «R», e así sucesivamente.

3. Programa.

O programa que rexerá na fase de oposición figura no anexo II desta convocatoria. O contido do temario para todos os exercicios da oposición axustarase á normativa publicada no Boletín Oficial del Estado na data da presente convocatoria, mesmo que aínda non entrase en vigor.

Non obstante, en materia de rexistro civil exixirase só a lexislación vixente na data da presente convocatoria.

4. Titulación e outros requisitos de participación.

4.1. Para participar neste proceso selectivo será necesario cumprir todos os requisitos sinalados na base novena das bases comúns e estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, do título de grao, de diplomado universitario, de enxeñeiro técnico, de arquitecto técnico ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou, se é o caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non lles será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.

4.2. Ademais, ao se tratar dun proceso de promoción interna, deberán cumprirse os requisitos seguintes:

a) Pertencer como funcionario de carreira ao corpo de tramitación procesual e administrativa.

b) Acreditar unha antigüidade de polo menos dous anos no dito corpo como funcionario titular, interino ou substituto.

5. Solicitudes e documentación.

5.1. Os que desexen participar neste proceso selectivo deberán cubrir o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración pública (modelo 790-código 007, en cuxa parte superior figura «solicitude de admisión a probas selectivas da Administración pública e liquidación da taxa de dereitos de exame»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral (http://administracion.gob.es/), en castelán e nas demais linguas oficiais das comunidades autónomas. As comunidades autónomas que oferten prazas poderán crear unha ligazón desde as súas respectivas páxinas web a este formulario.

5.2. A presentación da solicitude realizarase no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Boletín Oficial del Estado, e dirixirase ao secretario de Estado de Xustiza. A súa non presentación en tempo e forma suporá a exclusión do aspirante.

5.3. A presentación e o pagamento da correspondente taxa realizaranse por vía electrónica, a través do servizo de Inscrición en Procesos-Probas selectivas do punto de acceso xeral http://administración.gob.es/PAG/ips, ao cal se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es → Ciudadanos → Empleo público), consonte as instrucións que se indican.

Os aspirantes que, segundo o disposto na base décimo primeira da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns, estean exentos do pagamento da taxa ou teñan dereito á súa redución, achegarán en formato electrónico a documentación acreditativa da redución ou exención.

Cando o aspirante non sexa titular dunha conta bancaria en ningunha das entidades financeiras que permiten o pagamento telemático de taxas administrativas, cuxa relación se poderá consultar na Axencia Tributaria, poderá realizar a presentación en soporte papel no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, r/ Bolsa, nº 8, 28071 Madrid, ou nos rexistros das delegacións e subdelegacións do Goberno da Administración xeral do Estado, así como en calquera dos órganos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Excepcionalmente tamén se poderá utilizar esta vía cando resulte imposible a inscrición electrónica por razóns técnicas e se acredite documentalmente esta imposibilidade. Neste caso a solicitude dirixirase á Unidade EA0010560-Oficina O00011588.M.P. Procesos selectivos, e deberáselle xuntar a documentación que acredite a incidencia técnica producida.

Igualmente se dirixirá á referida unidade de rexistro toda aquela documentación que haxa que presentar ao longo do proceso selectivo.

5.4. Taxa de dereitos de exame.

O importe da taxa por dereitos de exame será de 11,44 euros (5,72 euros en caso de dereito á redución do 50 por cento).

Están exentos do pagamento da taxa os aspirantes que reúnan os requisitos que se detallan na base décimo primeira, puntos 5 e 6, das bases comúns, que deberán acreditar o seu dereito a esta exención fornecendo a documentación que se indica.

Non será necesario presentar a documentación acreditativa para a exención ou redución de taxa nos supostos especificados no anexo III desta convocatoria, que será obtida de oficio polo órgano xestor, salvo que non consinta o solicitante.

5.5. As persoas con discapacidade que desexen solicitar adaptacións de tempo e medios deberán proceder segundo o establecido na base décima das bases comúns.

5.6. A solicitude cubrirase de acordo coas instrucións que figuran nela e mais no anexo III.

6. Tribunais.

6.1. O tribunal cualificador único, os tribunais delegados nas comunidades autónomas que convocan prazas e as unidades de colaboración serán nomeados mediante orde ministerial. Na súa composición atenderase ao criterio de paridade entre homes e mulleres.

6.2. Nas sedes de exame onde non estea radicado o tribunal cualificador único ou un tribunal delegado, o órgano competente do Ministerio de Xustiza nomeará funcionarios da Administración xeral do Estado, da Administración autonómica (que deberán prestar en ambos os casos servizos no Ministerio de Xustiza ou no órgano competente da comunidade autónoma) ou da Administración de xustiza, para colaborar no desenvolvemento das devanditas probas baixo a dirección do tribunal cualificador único ou tribunal delegado, a que representarán, coas competencias de execución material e ordenación administrativa dos distintos exercicios que en cada proba selectiva se lles atribúa.

6.3. De acordo co artigo 14 da Constitución española, os tribunais velarán polo estrito cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre ambos os sexos.

6.4. Os tribunais terán a categoría segunda das previstas no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

6.5. A información sobre estas probas selectivas facilitarase no Ministerio de Xustiza, nos teléfonos 902 00 72 14 e 918 37 22 95; na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es); no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es); nas xerencias territoriais do Ministerio de Xustiza; e mais nos órganos competentes das comunidades autónomas onde se convocan prazas.

6.6. Para o non previsto na presente convocatoria o funcionamento dos tribunais rexerase polo previsto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

6.7. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, a sede do tribunal cualificador único será: r/ San Bernardo, nº 21, 28071 Madrid (teléfonos 902 00 72 14 e 918 37 22 95), e será de aplicación o disposto na base 5.3 no relativo á unidade de rexistro para a presentación de documentación. Os tribunais delegados teñen as sedes seguintes:

Tribunais delegados:

Comunidade Autónoma

Órgano

Teléfono

Andalucía

Consejería de Turismo, Regeneración, Justicia y Administración Local

D.G. de Oficina Judicial y Fiscal

Plaza de la Gavidia, 10

41071 Sevilla

www.juntadeandalucia.es/justicia/portal/adriano

www.iaap.junta-andalucia.es/institutodeadministracionpublica

955 03 18 00

955 03 18 40

Cataluña

Departament de Justícia

Subdirecció General de Recursos Humans i Econòmics

Pau Claris, 81, 4ª planta

08010 Barcelona

http://justicia.gencat.cat/ca/serveis/treballar/oposicions/

933 16 43 93

933 16 43 01

Canarias

Avda. José Manuel Guimerá, nº 10

Edif. Servicios Múltiples II, planta 1ª

38071 Santa Cruz de Tenerife

http://www.gobiernodecanarias.org/justicia

922 47 62 30

Madrid

Dirección General de Justicia

R/ Gran Vía, 43

28013 Madrid

www.madrid.org/justicia

917 20 90 89

Comunidad Valenciana

Dirección General de Justicia

Ciudad Administrativa 9 de octubre

Torre 4-2ª planta

R/ Castán Tobeñas, 77

46018 Valencia

www.gov.gva.es/va/home

961 20 92 48

961 20 92 49

País Vasco

Dirección de la Administración de Justicia

R/ Donostia-San Sebastián, nº 1

01010 Vitoria-Gasteiz

www.justizia.net

945 01 91 32

945 01 91 22

Poderán constituírse novos tribunais noutros ámbitos, o cal se publicará na preceptiva orde ministerial.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo.

7.1. Duración do proceso selectivo.

O primeiro exercicio realizarase dentro dos catro meses seguintes á publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A fase de oposición terá unha duración máxima de tres meses desde a realización do exercicio, salvo que concorra causa obxectiva que o xustifique, apreciada pola Secretaría de Estado de Xustiza e oído o tribunal cualificador único.

7.2. Fase de oposición.

O exercicio único da fase de oposición detállase no anexo I-A desta convocatoria.

Terá lugar o mesmo día e á mesma hora en todas as sedes de exame, e realizarase dentro dos 45 días seguintes á publicación da resolución pola que se eleva a definitiva a relación de admitidos e excluídos. No Boletín Oficial del Estado publicaranse a data, a hora e os lugares da súa celebración.

Finalizado o exercicio da oposición, o tribunal cualificador único fará públicas na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es) e páxinas web das comunidades autónomas as relacións de opositores de cada ámbito territorial que acadasen o mínimo establecido que se considerase para superalo, con indicación da puntuación obtida. Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non aptos e quedarán eliminados do proceso selectivo.

7.3. Fase de concurso.

Finalizada a fase de oposición coa publicación na páxina web do Ministerio de Xustiza das relacións de aprobados, dará comezo a fase de concurso, na cal se valorarán os méritos que se detallan no baremo contido no anexo I-B desta convocatoria. Computaranse os xerados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

No mesmo acordo de publicación das relacións de aprobados establecerase un prazo de vinte días hábiles para presentar no rexistro ou enderezo electrónico que se indique a documentación acreditativa, en orixinal ou copia auténtica, unicamente dos méritos indicados nas epígrafes B e C do baremo contido no anexo I-B da presente orde. Os opositores que concorran por comunidades autónomas con exercicios optativos achegarán neste mesmo momento as certificacións acreditativas dos coñecementos correspondentes.

A comprobación dos méritos das epígrafes A, D e E farase de oficio, aínda que aqueles opositores que na súa solicitude inicial de participación non prestasen o seu consentimento para que o órgano xestor do proceso selectivo poida verificar de oficio as súas titulacións ou certificacións académicas deberán tamén achegar estas, de entre as valoradas ne epígrafe A do baremo citado.

O tribunal cualificador único e os tribunais delegados valorarán os méritos acreditados, e o tribunal cualificador único publicará na páxina web do Ministerio de Xustiza a relación de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada epígrafe e mais da total. Os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación da antedita relación para efectuar as alegacións pertinentes. Finalizado este prazo, e vistas e resoltas as alegacións, o tribunal publicará a relación coa valoración definitiva da fase de concurso.

7.4. Embarazo de risco e parto, enfermidade grave e hospitalización.

De non se poder completar o proceso selectivo por mor de embarazo de risco, parto, enfermidade grave, hospitalización ou calquera outra circunstancia de carácter excepcional, debidamente acreditados, deberáselle comunicar ao tribunal con suficiente antelación, e en todo caso con anterioridade á realización do exercicio, de xeito que sexan valorados polo tribunal cualificador único e o aspirante poida ser convocado con posterioridade, a través da páxina web.

A situación do aspirante quedará condicionada á finalización da devandita causa e á superación das fases que quedasen aprazadas, sen que se poidan demorar estas de maneira que se menoscabe o dereito do resto dos aspirantes a unha resolución do proceso en tempos razoables. En todo caso, a realización daquelas terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e realizarase un só exercicio común para todas estas situacións.

7.5. Valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil vasco.

Se así o solicitaron na súa instancia e na fase de concurso, os aspirantes comprendidos na relación de aprobados que concorran por un ámbito territorial con lingua autonómica propia serán emprazados para a realización do exercicio de carácter optativo, non eliminatorio, que acredite o seu coñecemento. Paralelamente, o tribunal delegado correspondente procederá á valoración da documentación acreditativa do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil vasco que presentasen os interesados.

A puntuación obtida, tanto do exame coma da documentación acreditativa, axustarase ao baremo contido no anexo I-C desta convocatoria e só producirá efectos para a adxudicación de destinos na comunidade autónoma correspondente.

Os opositores poderán optar por realizar a proba, documentar o coñecemento da lingua oficial ou acollerse a ambos os sistemas. Neste último suposto, a puntuación outorgada será a máis alta que no seu caso corresponda, sen que poida ser acumulativa.

7.6. A superación de calquera das fases da convocatoria non implicará por si mesma a adxudicación de praza, xa que a superación do proceso selectivo virá determinada polo número de prazas convocadas en cada ámbito territorial.

7.7. Unha vez finalizado o proceso selectivo, o tribunal elevará ao Ministerio de Xustiza unha proposta coa relación de aprobados, en cada ámbito territorial, cuxo número non poderá superar o de prazas convocadas, que se publicará no Boletín Oficial del Estado e nos diarios oficiais das comunidades autónomas onde se convoquen prazas, con indicación do número de orde, dos apelidos e nome, do DNI, da puntuación obtida en cada un dos exercicios e mais da total de todos os exercicios obrigatorios e da fase de concurso. Xunto con esta nota total, pero separada dela e sen sumarse a ela, figurará, de ser o caso, a obtida na lingua oficial propia da comunidade autónoma por cuxo ámbito territorial concorre e a obtida polo coñecemento do dereito civil vasco.

Os opositores que non estean incluídos na relación terán a consideración de non aptos e quedarán eliminados do proceso selectivo.

7.8. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentou por esta cota de reserva superase os exercicios correspondentes e a fase de concurso, pero non obteña praza, e a súa puntuación sexa superior á obtida polos aspirantes da quenda xeral, será incluído pola súa orde de puntuación nesta quenda.

7.9. O Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas competentes ofertarán os destinos dispoñibles en cada ámbito territorial.

8. Presentación de documentación.

8.1. Os aspirantes que figuren na relación definitiva de aprobados presentarán, no prazo de vinte días hábiles contados a partir da súa publicación no Boletín Oficial del Estado e nos diarios oficiais das comunidades autónomas onde se convocan prazas, no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, Secretaría de Estado de Xustiza, r/ Bolsa, nº 8, 28071 Madrid, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Unidade EA0010560-Oficina O00011588-Medios persoais. Procesos selectivos, a documentación seguinte:

a) Solicitude de destino axustada aos requirimentos que, se é o caso, se establezan na oferta publicada polo Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas competentes.

b) Os aspirantes que teñan a condición legal de persoa con discapacidade, con grao igual ou superior ao 33 por cento, deberán presentar certificación dos órganos competentes que acredite tal condición (no caso de que esta non se acreditase con anterioridade) e a súa capacidade funcional para desempeñar as tarefas e funcións propias do corpo de xestión procesual e administrativa.

c) Os aspirantes que, na súa solicitude de participación inicial, se opuxesen a que os seus datos de identidade persoal e os referidos ás súas titulacións ou certificacións académicas poidan ser consultados e verificados de oficio polo órgano instrutor deste proceso selectivo deberán achegar tamén:

– Copia auténtica do documento nacional de identidade, ou equivalente.

– Copia auténtica do título exixido na convocatoria ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que o capacitan para a súa obtención, xuntando o xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición.

d) No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentarse copia auténtica da documentación que acredite a súa homologación ou, se é o caso, do correspondente certificado de equivalencia.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados no punto anterior, poderá acreditarse que se posúen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado e agás causa de forza maior, non presentase a documentación, ou do exame dela se deduza que carece dalgún dos requisitos establecidos, non poderá ser nomeado funcionario e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Neste último caso, ou no suposto de renuncia dalgún dos aspirantes antes do seu nomeamento como funcionario de carreira, e sempre que o tribunal propuxese tantos aspirantes coma prazas convocadas, o Ministerio de Xustiza requiriralle a este último unha relación complementaria de aspirantes que, tendo superados todos os exercicios, sigan os propostos, ata completar o total de prazas convocadas.

Neste suposto, os aspirantes incluídos nesta relación complementaria deberán presentar a documentación acreditativa que se detalla nesta mesma base no prazo de cinco días hábiles desde a súa publicación na páxina web do Ministerio de Xustiza.

Os opositores afectados que concorran por algún dos ámbitos territoriais que teñan establecida a valoración de lingua oficial propia ou de dereito civil vasco serán convocados, se for o caso, á realización da correspondente proba optativa, ou seralles incorporada a puntuación que corresponda á acreditación documental que achegasen.

9. Nomeamento.

Unha vez comprobado que os aspirantes, cuxo número non poderá superar o de prazas convocadas en cada ámbito territorial, reúnen os requisitos da base cuarta da presente convocatoria e os da base novena das bases comúns, serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do Ministerio de Xustiza, que se publicará no Boletín Oficial del Estado e mais nos diarios oficiais das comunidades autónomas competentes.

Dado o carácter nacional do corpo de xestión procesual e administrativa, para o nomeamento como funcionarios de carreira confeccionaranse dúas listas en cada ámbito territorial: unha en que se consignarán as puntuacións obtidas nas fases comúns e obrigatorias do proceso selectivo, e outra con especificación da puntuación obtida na valoración do coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas e, de ser o caso, da correspondente ao dereito civil vasco.

10. Norma final.

Ao presente proceso selectivo seranlle de aplicación a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; o Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; o Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017; os reais decretos 954/2018 e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018; a Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e o disposto na presente orde de convocatoria.

Con carácter supletorio, para o non previsto nesta convocatoria atenderase ao disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e ao resto de normativa vixente na materia.

Contra a presente convocatoria poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o ministro de Xustiza no prazo dun mes desde a súa publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a súa publicación ante o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de interpor recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Así mesmo, a Secretaría de Estado de Xustiza poderá, se é o caso, revisar as resolucións do tribunal, conforme o previsto na citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Madrid, 21 de marzo de 2019. A ministra de Xustiza, P.D. (Orde JUS/125/2019, do 5 de febreiro). Antonio Viejo Llorente, secretario xeral da Administración de xustiza.

Índice de anexos

Anexo I. Descrición do proceso selectivo.

I-A. Fase de oposición.

I-B. Fase de concurso.

I-C. Avaliación do coñecemento de linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil vasco.

Anexo II. Programa.

Anexo III. Instrucións para cubrir a instancia.

ANEXO I

Descrición do proceso selectivo

I-A. Fase de oposición.

1. A fase de oposición constará dun único exercicio obrigatorio, que se realizará no mesmo día para todas as sedes.

1.1. Exercicio único. De carácter escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 100 preguntas válidas con catro respostas alternativas das cales só unha é a correcta. As preguntas versarán sobre contidos teóricos ou de carácter práctico das materias de dereito procesual do programa detallado no anexo II da presente orde. Consistirá en contestar un cuestionario-test sobre as materias do programa detallado no anexo II.

A duración da proba será de 90 minutos.

Cualificarase de 0 a 100 puntos.

As preguntas acertadas valoraranse con 1 punto; as preguntas non acertadas e as que conteñan respostas múltiples descontarán 0,5 puntos; as preguntas non contestadas non serán puntuadas.

A puntuación obtida por cada aspirante corresponderase co número de respostas acertadas, feita a dedución das non acertadas.

O cuestionario proposto polo tribunal conterá 104 preguntas: as 100 primeiras ordinarias e avaliables e as catro últimas de reserva. Se unha vez realizado o exame o tribunal ten que anular unha ou máis preguntas ordinarias, establecerá no mesmo acordo a substitución, para os efectos da súa avaliación, das anuladas por outras tantas de reserva, pola súa orde.

A determinación da nota mínima para superar o exercicio será equivalente ao 50 por cento da puntuación máxima posible, con independencia das instancias que se presentasen por cada ámbito, incluíndo os candidatos con reserva de nota. Non obstante, unicamente superarán o exercicio da fase de oposición as dez mellores cualificacións por praza convocada de cada ámbito territorial e quenda.

1.2. Reserva de nota.

Os aspirantes que superasen a fase de oposición cunha nota superior á mínima fixada, pero que non obteñan praza no corpo a que se presentan por non reuniren méritos suficientes na fase de concurso da oferta de emprego público (OEP) 2017-2018, quedarán exentos de realizar na seguinte convocatoria os exercicios da fase de oposición, sempre e cando se presenten polo mesmo corpo, ámbito territorial e quenda (sistema xeral ou quenda de reserva), agás que voluntariamente se presenten á mesma para obter mellor nota. Neste caso, se a nota obtida é inferior ou se non supera a fase de oposición, reservaráselle a nota da convocatoria da OEP 2017-2018.

Aos aspirantes que pola quenda de reserva para persoas con discapacidade na convocatoria anterior obtivesen unha puntuación igual ou superior ao 60 por cento da nota máxima posible prevista en cada exercicio da respectiva convocatoria conservaráselles a puntuación máis alta obtida, sempre que o contido de temario, os exercicios e o seu modo de cualificación sexan idénticos.

I-B. Fase de concurso.

Para acceder á fase de concurso será necesario superar a fase de oposición, e valoraranse os seguintes méritos:

A. Títulos e graos académicos, dos incluídos no sistema educativo español: 10 puntos por estar en posesión da licenciatura ou grao en dereito; 7 puntos por estar en posesión de tres cursos completos da licenciatura ou grao en dereito; 5 puntos por estar en posesión doutra licenciatura, enxeñería, arquitectura, grao ou máster oficial; e 2 puntos por estar en posesión doutras diplomaturas, enxeñerías ou arquitecturas técnicas.

A puntuación máxima que se outorgará nesta epígrafe será de 10 puntos.

Valoraranse todos os títulos e graos válidos achegados, independentemente da titulación exixida para participar no proceso selectivo.

B. Historial profesional.

B-1. Cursos de formación, recibidos e acreditados, nos últimos dez anos e ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria, con contido de carácter xurídico relacionado coa actividade do corpo e homologados ou impartidos polo Ministerio de Xustiza, polas consellerías de xustiza, polo sistema universitario español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou órganos competentes en formación das comunidades autónomas, por outros axentes promotores dentro do marco do Acordo de formación para o emprego (IV Acordo de formación para o emprego das administracións públicas) ou polos servizos públicos de emprego.

– Cursos de entre 11 e 29 horas ........................ 1 punto.

– Cursos de entre 30 e 59 horas ........................ 2 puntos.

– Por cada curso de 60 ou máis horas ............... 3 puntos.

Non se valorarán os cursos seguintes:

– Certificacións ou diplomas en que non conste o número de horas nin aqueles de dez ou menos horas lectivas, nin aqueles nos cales non se acredite o aproveitamento.

– Os que formen parte das ensinanzas do sistema educativo español, ou sexan conducentes á obtención de títulos dos susceptibles de valoración na epígrafe A deste baremo.

– Os derivados de procesos selectivos nin os diplomas de participación en xornadas, simposios, seminarios e similares.

B-2. Cursos de formación en informática, impartidos ou convocados nos últimos dez anos polo Ministerio de Xustiza, polas consellerías de xustiza, polo sistema universitario español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou órganos competentes en formación das comunidades autónomas, por outros axentes promotores dentro do marco do Acordo de formación para o emprego (IV Acordo de formación para o emprego das administracións públicas) ou polos servizos públicos de emprego.

– Cursos de entre 11 e 29 horas ....................... 1 punto.

– Cursos de entre 30 e 59 horas ....................... 2 puntos.

– Por cada curso de 60 ou máis horas .............. 3 puntos.

Os cursos de igual ou similar contido só se valorarán unha vez. Non se valorarán os cursos en que non conste o número de horas nin aqueles con dez ou menos horas lectivas, nin tampouco aqueles en que non conste o aproveitamento.

A puntuación máxima que se outorgará nesta epígrafe B é de 10 puntos: ata 6 na epígrafe B-1 «Coñecementos xurídicos», e ata 4 na epígrafe B-2 «Coñecementos de informática».

C. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

Valoraranse unicamente aqueles títulos que consten no cadro de equivalencias de exames oficiais do Marco europeo de referencia para as linguas: coñecementos de nivel C1 ou C2 (usuario independente): 2 puntos; e coñecementos de nivel B1 ou B2 (usuario competente): 1 punto. Non se valorarán os coñecementos de nivel básico ou elemental.

A puntuación máxima total por este concepto será de 3 puntos.

D. Por exercicios dos procesos das convocatorias das ofertas de emprego público dos anos 2015 e 2016 do mesmo corpo en que se obtivese unha puntuación superior ao 50 por cento da posible: máximo, 10 puntos. Por cada un deles: 2,5 puntos.

E. Servizos prestados a partir do 1 de xaneiro de 2004 como titular, substituto ou interino nos corpos da Administración de xustiza ou como persoal laboral desta Administración (ata un máximo de 34 puntos):

– Por cada mes completo de servizos prestados como substituto ou interino no corpo de xestión procesual e administrativa (antes, oficiais da Administración de xustiza): 0,30 puntos.

– Por cada mes completo de servizos prestados como titular, interino ou substituto en tramitación procesual e administrativa (antes, auxiliares da Administración de xustiza): 0,25 puntos.

– Por cada mes de servizos prestados nos demais corpos ou escalas xerais ao servizo da Administración de xustiza, no de letrados da Administración de xustiza (anteriormente denominado de secretarios xudiciais) e no de xuíces ou fiscais: 0,20 puntos.

– Por cada mes de servizos prestados como persoal laboral da Administración de xustiza fixo ou temporal: 0,15 puntos.

Os períodos inferiores ao mes non se computarán aínda que, no caso de seren varios, sumaranse aos prestados no mesmo corpo, desprezándose, se for o caso, unha única fracción inferior ao mes.

I-C. Avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil vasco.

1. Coñecemento das linguas oficiais das comunidades autónomas.

Para os opositores que concorran por algún dos ámbitos territoriais correspondentes a comunidades autónomas con lingua oficial propia e que así o fixeron constar na súa solicitude de participación, unha vez finalizada a fase de oposición, avaliarase o coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas. A avaliación consistirá na acreditación do coñecemento da lingua oficial da dita comunidade mediante as certificacións que presentasen oportunamente ou pola realización dunha proba de nivel de coñecementos.

A puntuación da valoración do coñecemento da lingua oficial de comunidade autónoma só será aplicable no ámbito da comunidade autónoma respectiva para os únicos efectos de establecer a orde de prelación na relación de aprobados dentro do ámbito territorial polo que concorre o aspirante, polo que deberá reflectirse separada da obtida no exercicio obrigatorio e na fase de concurso.

Cualificarase cun máximo de 18 puntos consonte o nivel de coñecementos demostrado polo aspirante e os criterios de valoración establecidos a continuación:

• No ámbito da Comunidade Foral de Navarra:

Nas zonas vascófona e mixta que determina o artigo 5 da Lei foral 18/1986, do 15 de decembro, do éuscaro, e de conformidade co establecido polo Decreto foral 103/2017, do 15 de novembro (Boletín Oficial de Navarra do 30 de novembro de 2017), o coñecemento oral e escrito do éuscaro, debidamente acreditado por medio de certificación de superación de cada un dos niveis expedida polo órgano competente na materia, supón o recoñecemento para estes únicos efectos de ata 18 puntos, segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos seguintes:

– Certificado de nivel B1 ou títulos equivalentes: 6 puntos.

– Certificado de nivel B2 ou títulos equivalentes: 12 puntos.

– Certificado de nivel C1 ou títulos equivalentes: 18 puntos.

• No ámbito do País Vasco:

De acordo co establecido no Decreto 86/1997, do 15 de abril, polo que se regula o proceso de normalización do uso do éuscaro nas administracións públicas da Comunidade Autónoma de Euskadi, e no Decreto 174/2010, do 29 de xuño, de normalización lingüística da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Euskadi:

– Certificado de nivel B2 ou perfil lingüístico 2, ou títulos equivalentes: 6 puntos.

– Certificado de nivel C1 ou perfil lingüístico 3, ou títulos equivalentes: 12 puntos.

– Certificado de nivel C2 ou perfil lingüístico 4, ou títulos equivalentes: 18 puntos.

• No ámbito da Comunidade Autónoma Valenciana:

– Certificado de grao elemental ou de nivel B1: 6 puntos.

– Certificado de grao medio ou de nivel C1: 12 puntos.

– Certificado de grao superior ou de nivel C2: 18 puntos.

A acreditación documental do coñecemento do valenciano efectuarase mediante a achega do correspondente certificado expedido ou homologado pola Junta Qualificadora de Coneixements del Valencià.

• No ámbito de Cataluña:

De conformidade co Decreto 3/2014, do 7 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 152/2001, do 29 de maio, sobre avaliación e certificación de coñecementos de catalán (DOGC núm. 6536, do 9 de xaneiro de 2014), e mais co Decreto 180/2014, do 30 de decembro, sobre o certificado de coñecementos de linguaxe xurídica (nivel J) (DOGC núm. 6780, do 31 de decembro de 2014), o coñecemento oral e escrito do catalán e o coñecemento da linguaxe xurídica (nivel J), debidamente acreditados por medio de certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística e polo Centro de Estudos Xurídicos e Formación Especializada ou equivalente, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata 12 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditados nos termos seguintes:

– Certificado de nivel B2 (ata xaneiro de 2014, nivel B) ou títulos homologados: 6 puntos.

– Certificado de nivel C1 (ata xaneiro de 2014, nivel C) ou títulos homologados: 12 puntos.

– Certificado de nivel C2 (ata xaneiro de 2014, nivel D) ou títulos homologados: 18 puntos.

– Certificado de coñecemento de linguaxe xurídica, nivel J: 18 puntos.

• No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Certificado Celga 4 ou similar: 6 puntos.

– Curso medio de linguaxe xurídica: 12 puntos.

– Curso superior de linguaxe xurídica: 18 puntos.

A acreditación do coñecemento de idioma efectuarase mediante a achega dos certificados da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou dos equivalentes segundo a Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG do 19 de febreiro de 2014), e a Orde do 1 de abril de 2005 (DOG do 14 de abril).

2. Avaliación dos coñecementos do dereito civil vasco.

Para os aspirantes que concorran polo ámbito territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco que así o fixesen constar na súa solicitude, procederase, nos mesmos termos e cos mesmos efectos que se detallaron no punto anterior, á avaliación dos seus coñecementos do dereito civil vasco; por este concepto outorgaranse seis puntos, que se reflectirán en todo caso separados dos obtidos nos exercicios obrigatorios e só producirán efectos para establecer a orde de prelación dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Para a realización e corrección deste exercicio, o tribunal delegado poderá nomear un asesor especialista.

Criterios de valoración:

A) A documentación válida para aqueles opositores que opten pola acreditación documental é a seguinte:

1. Licenciatura en Dereito, cursando como materias:

a) Dereito Civil Foral e Autonómico do País Vasco.

I. UD, plan 1953: 90 horas.

II. UD, plan 1998: 60 horas.

b) Dereito Civil Foral e Autonómico do País Vasco 1.

I. UD, plan 1993: 30 horas.

2. Grao en Dereito, cursando como materia Dereito Civil e Autonómico Vasco/Dereito Civil Vasco (6 créditos ECTS).

3. Máster en Dereito civil vasco: 540 horas (54 créditos).

4. Diploma de especialización en Dereito civil foral do País Vasco (presencial): 220 horas (22 créditos).

5. Diploma de especialización en Dereito civil vasco (en liña): 210 horas (21 créditos).

6. Doutoramento en Dereito: mínimo, 60 horas (6 créditos).

a) Título de doutor en Dereito, con tese sobre dereito civil vasco.

b) Cursos de doutoramento en Dereito sobre dereito civil vasco.

7. Estudos complementarios. O novo dereito civil vasco: aspectos familiares e sucesorios (3 créditos ECTS).

B) Para aqueles opositores que opten por realizar o exame, este consistirá na contestación dun cuestionario tipo test de 40 preguntas con catro respostas alternativas, das cales só unha é correcta.

As respostas acertadas valoraranse con 1 punto. As respostas incorrectas ou as preguntas non contestadas non serán puntuadas. Para superar o exercicio é preciso obter un mínimo de 20 puntos.

O cuestionario versará sobre o temario seguinte:

Lei 5/2015, do 25 de xuño, de dereito civil vasco.

1. Das fontes do dereito civil vasco. Dos principios inspiradores da Lei civil vasca. Do ámbito de aplicación da Lei civil vasca.

2. Dos principios de dereito patrimonial.

3. Das sucesións. Disposicións preliminares. Da sucesión testada. Das limitacións á liberdade de testar.

4. Das sucesións. Dos pactos sucesorios. Da sucesión legal ou intestada. Disposicións comúns ás distintas formas de suceder.

5. Do réxime de bens no matrimonio. Do réxime legal. Do réxime de comunicación foral de bens.

Lei 2/2003, do 7 de maio, reguladora das parellas de feito.

6. Parellas de feito na Comunidade Autónoma do País Vasco. Disposicións xerais. Contido da relación de parella. Adopción, acollemento e réxime sucesorio. Extinción da parella de feito.

ANEXO II

Programa

Tema 1. Cuestións xerais sobre o proceso civil: as partes no proceso civil: capacidade procesual e capacidade para ser parte. Pluralidade de partes. Litisconsorcio activo e pasivo; o seu tratamento procesual.

Tema 2. A representación e as súas clases. Lexitimación no proceso civil. Asistencia letrada e representación procesual; estatuto xurídico, dereitos e deberes. Intervención non preceptiva destes profesionais. A intervención nos procesos civís do Ministerio Fiscal e do avogado do Estado.

Tema 3. Xurisdición e competencia. Acumulación de accións e de procedementos; concepto. A tramitación das cuestións de xurisdición e competencia. A competencia dos tribunais civís: obxectiva, funcional e territorial; os foros legais dispoñibles e non dispoñibles. Concepto e tramitación.

Tema 4. A xustiza de paz. Organización e competencias; elección do xuíz; a figura do secretario do xulgado de paz. A xustiza de paz no ámbito da cooperación xurisdicional e nos procesos civís e penais atribuídos a estes xulgados. Sistema de recursos contra as resolucións ditadas polos xulgados de paz. As agrupacións das secretarías dos xulgados de paz.

Tema 5. Os procedementos declarativos na Lei de axuizamento civil 1/2000: dilixencias preparatorias, dilixencias preliminares. Conciliación. Indagación de feitos, aseguramento e práctica anticipada da proba.

Tema 6. Procesos especiais: procedementos para a división xudicial de patrimonios: A) Da división da herdanza. B) Procedemento para a liquidación do réxime económico matrimonial.

Tema 7. Procesos especiais. O proceso monitorio. Concepto e características. Casos en que procede. Competencia. Procedemento: petición inicial e documentos. Admisión. Requirimiento de pagamento e posibles condutas do demandado. A transformación do procedemento. A cousa xulgada. O proceso monitorio europeo. O xuízo cambiario. Concepto e características. Natureza. Casos en que procede. Competencia. Procedemento. A sentenza sobre a oposición e a súa eficacia.

Tema 8. Os procesos matrimoniais e as súas clases. Competencia. Procedementos: a) nulidade, separación e divorcio contenciosos; b) separación ou divorcio de mutuo acordo. Referencia ás crises das unións estables de parella. Medidas provisionais. Medidas definitivas. Execución forzosa dos pronunciamentos sobre medidas. Os procesos especiais: características comúns. O proceso especial para a incapacitación das persoas: competencia; lexitimación; constitución en parte do demandado; especialidades procedementais; a sentenza. A reintegración da capacidade e a modificación do alcance da sentenza de incapacidade.

Tema 9. Procedementos de xurisdición voluntaria: a Lei 15/2015, do 2 de xullo, da xurisdición voluntaria. Disposicións xerais e normas comúns en materia de tramitación dos expedientes de xurisdición voluntaria. Expedientes de xurisdición voluntaria en materia de persoas. Expedientes en materia de familia. Expedientes relativos ao dereito sucesorio. Expedientes relativos ao dereito de obrigas. Expedientes relativos aos dereitos reais. Expedientes de poxas voluntarias. Expedientes en materia mercantil. A conciliación.

Tema 10. Os recursos. Concepto. Clases de recursos. Efectos dos recursos e da súa desistencia. O depósito para recorrer. Os recursos de reposición e de revisión. O recurso de queixa. O recurso de apelación. Apelación e segunda instancia; o dereito á segunda instancia. Resolucións contra as que procede apelación. Tramitación do recurso. Oposición á apelación e impugnación da sentenza. A proba na apelación.

Tema 11. Os recursos extraordinarios. O recurso por infracción procesual. Resolucións impugnables. Motivos do recurso. Procedemento. Consecuencias do acollemento do recurso. O recurso de casación. Características. Resolucións impugnables. Motivos de recurso. Obxecto e efectos do recurso. Competencia. Procedemento. O recurso en interese da lei. Resolucións impugnables. Motivos do recurso. Lexitimación. Competencia. Procedemento. Efectos. Medios de rescisión das sentenzas firmes. A audiencia ao demandado rebelde. A revisión das sentenzas firmes.

Tema 12. A execución forzosa. O papel do letrado da Administración de xustiza na execución. O título executivo e as súas clases: xudiciais e non xudiciais; españois e estranxeiros. Execución de resolucións estranxeiras. Breve referencia ao título executivo europeo. A demanda executiva. Tribunal competente. Orde xeral de execución e despacho da execución. Acumulación de execucións. Oposición á execución. Suspensión da execución. Execución provisional. Concepto e natureza. Orzamentos. Despacho da execución. Oposición á execución provisional. Revogación ou confirmación da sentenza provisionalmente executada.

Tema 13. Execución pecuniaria. Supostos en que procede. Integración do título. Requirimento de pagamento. Embargo de bens. Reembargo. Terzaría de dominio.

Tema 14. O procedemento de constrinximento. Valoración dos bens embargados. A poxa dos bens embargados. Alternativas á poxa xudicial: o convenio de realización e a realización por persoa ou entidade especializada. A administración para pagamento. Terzaría de mellor dereito. Especialidades da execución sobre bens hipotecados, peñorados ou con garantía real.

Tema 15. Execucións non pecuniarias. Execucións de dar, de facer e de non facer. Determinación de froitos e rendas. Liquidación de danos e perdas. Execución de sentenzas que levan ligada a entrega da posesión dun inmoble, especial referencia ás sentenzas de execución de desafiuzamentos.

Tema 16. As medidas cautelares: concepto. Tipos de medidas cautelares. Tramitación con audiencia e sen audiencia ao demandado. Oposición ás medidas cautelares. Execución das medidas cautelares. Caución e caución substitutoria.

Tema 17. Custas e gastos procesuais. A condena en custas. A taxación de custas. A impugnación das custas. Os xuros e a súa liquidación. A taxa xudicial. Pagamentos, depósitos e consignacións xudiciais. Ingresos no Tesouro público. A asistencia xurídica gratuíta.

Tema 18. O Rexistro Civil: lexislación vixente. A función rexistral. Contido do Rexistro Civil: feitos inscritibles. A organización do servizo rexistral. Os rexistros ordinarios e os rexistros delegados. O Rexistro Civil Central. Competencia dos rexistros civís.

Tema 19. Diferentes tipos de asentos rexistrais. As inscricións. As anotacións. As notas marxinais. Os asentos de cancelación. Regras formais para a práctica dos asentos. A inscrición de nacemento. O matrimonio e a súa inscrición. A inscrición de defunción. A tutela e demais representacións legais.

Tema 20. A rectificación do rexistro por vía de expediente gobernativo ou xudicial. Os expedientes rexistrais: natureza xurídica e competencia. Principios reitores e normas xerais do procedemento. Réxime dos recursos e da execución. A publicidade do Rexistro Civil: publicidade material e formal. Eficacia probatoria dos asentos rexistrais. Impugnación da presunción de exactitude rexistral. A publicidade formal: certificacións, libros de familia e notas informativas.

Tema 21. O sistema procesual penal da Lei de axuizamento criminal: principio do xuíz imparcial, separación de instrución e axuizamento. Principios do proceso penal. Competencia obxectiva e funcional. Aforamentos e privilexios procesuais. Inmunidade de xurisdición. A competencia territorial. A inhibición de oficio e á instancia de parte; cuestións de competencia territorial.

Tema 22. As partes no proceso penal: Ministerio Fiscal; acusador particular; prexudicado e acción popular; acusador privado. O exercicio da acción penal: de oficio ou por instancia de parte. Denuncia; querela; atestado. Extinción da acción penal: especial referencia á renuncia. O exercicio da acción civil: o actor civil. O ofrecemento de accións. Extinción da acción civil. O investigado ou procesado. A rebeldía. O responsable civil. Representación e defensa das partes. Defensa de oficio e beneficio de xustiza gratuíta.

Tema 23. As medidas cautelares persoais no proceso penal. A citación xudicial. A detención. A prisión provisional. A liberdade provisional. As fianzas no proceso penal. Medidas limitadoras de dereitos fundamentais: probas biolóxicas; entrada e rexistro en lugar cerrado; intervención de comunicacións postais, telegráficas, telefónicas e informáticas. Especial mención ás entregas controladas e á figura do axente encuberto.

Tema 24. A proba no proceso penal. Medios de proba. Proposición, admisión ou denegación; proba anticipada; proposición no acto do xuízo; proba acordada ex officio. O xuízo oral. A suspensión do xuízo oral: causas e consecuencias.

Tema 25. O proceso ante o tribunal do xurado. Competencia. Composición e constitución do xurado: Estatuto xurídico dos xurados; a súa selección. A fase de instrución e a fase intermedia. A fase de xuízo oral: trámites precedentes: designación do maxistrado relator; cuestións previas; auto de feitos axuizables; celebración do xuízo oral: a vista; suspensión do xuízo oral. Posible disolución do xurado: as súas causas. O veredicto: determinación do obxecto do veredicto, deliberación e veredicto; instrución aos xurados; deliberación e votación; acta. Sentenza.

Tema 26. A tutela xudicial ante os xulgados de violencia sobre a muller. Especialidades procesuais. Perda da competencia obxectiva dos xulgados civís cando se produzan actos de violencia sobre a muller. Medidas xudiciais de protección e de seguridade das vítimas.

Tema 27. O procedemento de responsabilidade penal do menor. Principios reguladores. As fases do procedemento. Sentenza e réxime de recursos. Principios xerais na execución das medidas.

Tema 28. Réxime xeral de recursos no proceso penal. Os recursos non devolutivos: reforma e súplica. Recursos devolutivos: a apelación no proceso ordinario e no procedemento abreviado; o recurso de queixa contra a inadmisión doutro recurso e como substitutivo da apelación. O recurso de casación penal. A revisión penal. O recurso de rescisión da sentenza ditada contra reos ausentes. Os recursos contra as resolucións do letrado da Administración de xustiza.

Tema 29. A execución de sentenzas penais. Os xulgados e tribunais sentenciadores; xulgados de vixilancia penitenciaria e Administración penitenciaria: as súas respectivas funcións. Recursos contra as resolucións da Administración penitenciaria e dos xulgados de vixilancia penitenciaria. Taxación de custas. A execución civil no proceso penal.

Tema 30. Recurso contencioso-administrativo: capacidade procesual, lexitimación, representación e defensa. Actos impugnables.

Tema 31. Recurso contencioso-administrativo: dilixencias preliminares. Interposición do recurso e reclamación do expediente. Emprazamento dos demandados e admisión do recurso.

Tema 32. Disposicións comúns aos procedementos contencioso-administrativos: prazos. Medidas cautelares. Incidentes e invalidez de actos procesuais. Custas procesuais. Execución de sentenzas.

Tema 33. O proceso laboral: principios que o informan. Competencia obxectiva e territorial. Cuestións de competencia. Representación e defensa no procedemento laboral. O Fondo de Garantía Salarial. Xustiza gratuíta.

Tema 34. A evitación do proceso: conciliación previa e reclamación administrativa previa. O proceso ordinario: demanda, conciliación e xuízo. Recursos: de suplicación e de casación para a unificación de doutrina; disposicións comúns a ambos os recursos.

Tema 35. O concurso de acredores. Concepto de concurso: as súas clases, a competencia obxectiva e territorial. O administrador concursal. Aspectos procesuais: procedemento ordinario e procedemento abreviado; as seccións do concurso; o incidente concursal. Os recursos.

ANEXO III

Instrucións para a formalización do proceso de inscrición

Lea atentamente e siga as seguintes instrucións:

Moi importante: a inscrición neste proceso selectivo (que abranguerá a formalización da instancia, o aboamento da taxa e a súa presentación) realizarase unicamente por vía electrónica.

Acceso:

O impreso é o modelo 790-Código 007, en cuxa parte superior figura «Solicitude de admisión a probas selectivas da Administración pública e liquidación da taxa de dereitos de exame», que estará dispoñible no punto de acceso xeral www.administracion.gob.es ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza, www.mjusticia.gob.es, dentro do separador «Cidadáns», sección «Emprego Público», corpo de xestión procesual.

O aspirante que solicite presentarse ao proceso selectivo deberá dispoñer dun certificado dixital válido de persoa física (máis información en http://firmaelectronica.gob.es e mais en https://www.dnielectronico.es/).

Solicitude:

– Recadro 15. Deberá constar o corpo.

– Recadro 16. Deberá consignarse «ningunha».

– Recadro 17. Forma de acceso. Deberá constar «P» para indicar promoción interna.

– Recadro 20. Provincia de exame. Indique o ámbito territorial polo que desexa concorrer dos reflectidos na base 1.1, facendo constar a correspondente localidade onde se realizarán os exercicios da fase de oposición e o seu respectivo código, de acordo co seguinte cadro:

Ámbito territorial

Provincia de exame (localidade)

Andalucía

Sevilla (41)

Canarias

Las Palmas (35)

Tenerife (38)

Madrid

Madrid (28)

Comunidade Valenciana

Valencia (46)

Cataluña

Barcelona (08)

País Vasco

Araba-Bizkaia (97)-Vitoria-Bilbo

Ámbito de xestión do Ministerio de Xustiza

Albacete (02)

Cáceres (10)

Madrid (98)-M. Xustiza-

Murcia (30)

Illes Balears (Palma de Mallorca) (07)

Valladolid (47)

Aragón

Asturias

Cantabria

Galicia

La Rioja

Navarra

Zaragoza (50)

Oviedo (33)

Santander (39)

A Coruña (15)

Logroño (26)

Pamplona (31)

Os aspirantes deberán seleccionar a localidade do ámbito polo que concorren como provincia de exame, aínda que poderán ser examinados noutra sede, segundo se determine posteriormente.

Os aspirantes que opten polo ámbito territorial da Comunidade de Madrid indicarán o código 28, mentres que os que opten polo ámbito competencial do Ministerio de Xustiza, pero queiran ser examinados na localidade de Madrid, indicarán o código 98 Madrid –M. Xustiza–.

Os aspirantes que optando por unha destas provincias de exame non especifiquen na súa instancia de participación inicial o ámbito polo que concorren, ou opten por ámbito non convocado, non poderán ser admitidos.

– Recadros 21 a 23. Aspirantes con discapacidade.

Recadro 21. Grao de discapacidade. Os aspirantes con discapacidade poderán indicar o grao de discapacidade que teñan recoñecido, opten ou non pola cota de discapacidade.

Recadro 22. Cota de reserva persoas con discapacidade. Deberán marcar o valor «Si» os aspirantes con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento que opten polas prazas da cota de reserva para persoas con discapacidade, segundo se indica na base 1.2 «Reserva discapacidade».

Recadro 23. Adaptación que solicita en caso de discapacidade. Neste recadro expresaranse, de ser o caso, as adaptacións de tempo e medios que poidan requirir, a fin de que o tribunal conte coa necesaria información para a adaptación da realización dos exercicios. Deberase achegar, ademais, un ditame técnico facultativo actualizado acerca da procedencia da adaptación solicitada, emitido polo órgano técnico de valoración que determinou o grao de discapacidade, en que conste expresamente a adaptación que corresponde ao interesado en cada un dos exercicios segundo as súas circunstancias persoais. Esta adaptación pódena solicitar todos os aspirantes con discapacidade, con independencia de que accedan ou non pola cota de discapacidade.

– Recadro 24. Titulación. Seleccione a titulación consonte o establecido na convocatoria.

– Acreditación de lingua autonómica e/ou dereito civil vasco. Recadro 25 «Datos que consignar segundo as bases da convocatoria». Quen desexe realizar as probas optativas escribirá a palabra «Realiza» no cadro correspondente ao tipo de proba, quen desexe acreditar documentalmente os seus coñecementos escribirá «Documenta» e quen se acolla a ambos os sistemas, nos termos da convocatoria, indicará «Documenta e realiza».

Pagamento e presentación:

Unha vez cuberta a solicitude procederase ao pagamento electrónico e rexistro, segundo as instrucións que se indican. No caso de que non se poida realizar o pagamento por non dispoñer de conta en ningunha das entidades colaboradoras adheridas á pasarela de pagamento da Axencia Tributaria, ou cando resulte imposible a inscrición electrónica por razóns técnicas, poderase realizar a presentación e o pagamento en papel conforme o establecido na base quinta, e deberase acreditar documentalmente a dita imposibilidade.

A constancia do correcto pagamento da taxa estará avalada polo número de referencia completo (NRC) emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, que figurará no xustificante de rexistro.

Presentación e pagamento electrónicos:

– Deberá dispoñer dun certificado electrónico, acceder ao portal web do Ministerio de Xustiza www.mjusticia.gob.es, dentro do separador «Cidadáns», sección «Emprego Público», corpo de xestión, e seguir as instrucións previstas.

– Mediante esta opción realizaranse electronicamente os trámites de formalización do formulario, o pagamento e a presentación no rexistro electrónico do Ministerio de Xustiza.

– Como resultado poderase descargar un documento cos comprobantes do pagamento e do rexistro da solicitude, asinado electronicamente, que servirá de xustificante de que se realizou correctamente.

– A persoa que solicita presentarse ao proceso selectivo será quen deba realizar o rexistro da súa solicitude.

Presentación e pagamento presencial:

– Deberá ter habilitada a execución de JavaScript no seu navegador.

– Mediante esta opción realizarase electronicamente o trámite de formalización do formulario.

– Como resultado poderanse imprimir os tres exemplares do formulario: «Exemplar para o interesado», «Exemplar para a Administración» e «Exemplar para a entidade colaboradora».

– Presente os tres exemplares desta solicitude en calquera das entidades bancarias que actúan como entidades colaboradoras da recadación tributaria (non é preciso ter conta aberta).

– A entidade colaboradora deberalle devolver, debidamente selados, o «Exemplar para o interesado», que servirá como xustificante de pagamento, e mais o «Exemplar para a Administración».

– O «Exemplar para a Administración» desta solicitude deberá entregarse nalgún dos rexistros indicados na convocatoria, que o devolverán selado, e, se é o caso, tamén selarán o «Exemplar para o interesado». Este selo do rexistro servirá como xustificante da presentación.

– As solicitudes presentadas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares correspondentes. A tales solicitudes xuntaráselles o xustificante bancario de que se ingresaron os dereitos de exame na conta que figure na convocatoria.

Exención ou redución de taxa:

As persoas que desexen acollerse á exención ou redución da taxa e teñan que presentar a documentación acreditativa que se indica na base 5.4 desta convocatoria poderán autorizar o órgano xestor para que poida verificar esta condición mediante o acceso á Plataforma de intermediación de datos das administracións públicas, ofrecido a través do servizo inscrición en probas selectivas, respecto dos seguintes documentos:

– Os acreditativos de grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento cando a condición de discapacidade fose recoñecida nalgunha das comunidades autónomas que figuran no enderezo http://administracion.gob.es/PAG/PID.

– A certificación relativa á condición de demandante de emprego. IRPF para verificar as rendas.

– A achega do título de familia numerosa cando este se obtivese nalgunha das comunidades autónomas que figuran no enderezo http://administracion.gob.es/PAG/PID.

No caso de non prestar o consentimento ao órgano xestor, non se deberá marcar o recadro que aparece para tal efecto na solicitude, e presentaranse os documentos acreditativos canda a instancia de solicitude.

Así mesmo, os demais documentos que se indican na base 5 deberanse achegar en todo caso canda a solicitude.

A falta de xustificación do aboamento dos dereitos de exame ou de estar exento determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación e pagamento da taxa dos dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.