De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións de carácter técnico que se susciten nos expedientes de contratación relativos ao Servizo de dirección facultativa e ao Servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras de construción de pasarela peonil na estación de Santiago de Compostela, que ten as seguintes características:
– Obxecto: encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á AXI para a realización dos seguintes traballos:
• Na fase de preparación do expediente de contratación:
– Elaboración dos pregos de prescricións técnicas.
• Na fase de licitación do contrato dos servizos:
– Elaboración do informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas, incluídos os informes relativos a posibles baixas desproporcionadas.
• Na fase de execución dos contratos de servizos:
– A dirección do contrato, como o seu responsable, correspondéndolle as facultades atribuídas polo artigo 62 da LCSP.
• Calquera outro informe de carácter técnico que en relación con estes contratos de servizos sexa solicitado polo órgano xestor.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.
– Prazo de vixencia: a vixencia da presente encomenda entenderase desde a súa sinatura ata a extinción do contrato.
– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade