Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 20979

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación nesta dirección xeral e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN225A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 das bases reguladoras da orde, publícanse as bolsas concedidas por Resolución do conselleiro de Economía, Emprego e Industria do 15 de marzo de 2019, relacionadas no anexo I.

Norma reguladora: Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN225A).

Crédito orzamentario: 59.200,00 euros.

Aplicacións orzamentarias: 09.30.751A.480.0, «formación en materia de comercio», e 09.30.751A.484.0, «cotas sociais para formación en materia de comercio».

Finalidade: que as persoas que tivesen unha titulación universitaria de licenciatura ou de grao complementasen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lle permitise afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2019

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo

ANEXO I

Relación de persoas propostas para a concesión das catro bolsas
de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Orde

Solicitante

Nº de expediente

1

Ivanna Fernández Naveira

IN225A-2019-029

2

Alberto Dacunha Pazos

IN225A-2019-007

3

Susana Souto Martín

IN225A-2019-020

4

Rocío López Campos

IN225A-2019-023

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que poidan producirse por non aceptación ou renuncia dalgunha das bolsas concedidas

Orde

Solicitante

Nº de expediente

1

Cristina Vizcaíno Fernández

IN225A-2019-028

2

Paula González López

IN225A-2019-025